Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 21 de outubro de 2020 Páx. 41941

V. Administración de xustiza

Xulgado do Mercantil número 3 de Pontevedra

EDICTO (59/2018).

Eu, María Luisa Sánchez Garrido, letrada da Administración de xustiza, do Xulgado do Mercantil número 3 de Pontevedra, polo presente,

Anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de Rafael Luque Guzmán fronte a Alberto José Lado Curty e Daniel Pais Pereira ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

Resolvo:

Estimo a demanda interposta por Rafael Luque Guzmán, asistido por letrado e representado pola procuradora Sra. Cabaleiro Barciela, contra os demandados Alberto José Lado Curty e Daniel Pais Pereira, declarados en situación de rebeldía procesual, e por iso condeno a estes a aboar ao demandante a cantidade de oito mil seiscentos vinte e sete euros con corenta e dous céntimos (8.627,42 euros) máis xuros legais desde a data da demanda.

Todo iso con imposición de custas á parte demandada.

Notifíquese esta resolución ás partes.

Esta resolución non é firme. Contra ela cabe recurso de apelación que deberá interpoñerse neste xulgado no prazo de vinte días contados desde o seguinte ao da súa notificación. E atopándose o demandado, Alberto José Lado Curty, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Vigo, 30 de xullo de 2020

A letrada da Administración de xustiza