Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 21 de outubro de 2020 Páx. 41942

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (DSP 1053/2019-MA).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1053/2019 por instancia de Laura Corral Mato contra Losmon, S.L. sobre DSP, nos que recaeu sentenza con data do 22 de xuño de 2020 que copiada nos particulares necesarios di así:

«Decido

Estímase a demanda formulada por Laura Corral Mato fronte á empresa Losmon, S.L. e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada Losmon, S.L. á traballadora.

– Condénase a Losmon, S.L. a que no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza opte entre a readmisión do traballador ou o aboamento dunha indemnización de 2.973,08 euros, determinado o aboamento da devandita indemnización a extinción do contrato de traballo; no caso de optar pola readmisión deberá aboar os salarios de tramitación a razón de 37,28 euros diarios, devindicando as ditas cantidades o xuro correspondente.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución bastando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso consignar a cantidade obxecto de condena, así como o deposito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Losmon S.L. expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 29 de setembro de 2020

A letrada da Adminsitración de xustiza