Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 20 de outubro de 2020 Páx. 41804

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (PO 114/2017).

Eu, Elena Pereira Bernárdez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 114/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Daniel Marius Ciupea contra José Ramón Collazo Yáñez sobre ordinario, foi ditada a sentenza cuxa parte dispositiva di:

«Estimando parcialmente a demanda interposta por Daniel Marius Ciupea contra José Ramón Collazo Yáñez, debo condenar e condeno o empresario demandado a aboar ao demandante a suma de 1.935,52 euros brutos polos conceptos indicados no feito probado cuarto desta resolución, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre a devandita cantidade desde a presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa, non ha lugar á súa condena nesta instancia e atenderase ao que resulte da aplicación do artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes e ao Fogasa a presente resolución facéndolles saber que contra ela non cabe recurso.

Notifíquese ás partes facéndolles saber que, en aplicación do mandado contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se for o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles tentadas sen efecto serán válidas en canto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou semellantes, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a José Ramón Collazo Yáñez, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no DOG e taboleiro de anuncios do xulgado.

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza