Eu, Belén Menéndez Medel, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despedimento obxectivo individual 161/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de María del Carmen Freire Lorenzo contra a empresa Bierzo Enxebre, S.L. e Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), se ditou o 11 de setembro de 2020 sentenza contra a cal se pode interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días. Fáiselles saber aos interesados que poderán ter coñecemento íntegro da mencionada resolución na secretaria do dito órgano xudicial.
E para que sirva de notificación en legal forma a Bierzo Enxebre, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2020
A letrada da Administración de xustiza