Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 16 de outubro de 2020 Páx. 40208

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 2020 pola que se notifica a resolución ditada no expediente IG204.2016.1.267.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, pola presente resolución, notifícaselle ao interesado o contido da resolución, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

O acto obxecto do presente anuncio non se publica na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 46 da Lei 39/2015. Advírteselle ao interesado de que contra a resolución, a cal esgota a vía administrativa, poderá interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado. Non obstante, previamente poderá interpoñer un recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou a resolución impugnada, dentro do prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución. O expediente ponse de manifesto aos interesados neste centro directivo sito en Santiago de Compostela, complexo administrativo San Lázaro, s/n.

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2020

Juan Manuel Cividanes Roger
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO

Nº de expediente

NIF/razón social

Programa de axudas

Data da resolución

Órgano que dita a resolución

Notificación

IG204.2016.1.267

39464623G

Liña pequenas empresas-bonificación dos custos do financiamento das pequenas empresas de Galicia, titulares de préstamos superiores a 25.000 € (Resolución do 2 de agosto de 2016, DOG nº 154, do 17 de agosto)

2.4.2020

Director xeral do Igape

Resolución de incumprimento total