Publícase este anuncio despois de intentar, sen éxito, a notificación, en papel, a través do servizo de Correos, ou electronicamente, cando este último é o medio obrigatorio ou o elixido pola persoa interesada, de acordo co disposto nos artigos 41 e 42 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP), en relación co artigo 14 da mesma lei.
De conformidade co disposto no artigo 44 da LPACAP, notifícase o acto administrativo que se indica no expediente de reclamación de danos e perdas ao dominio público viario autonómico (clave IFOO008B) (Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, DOG nº 132, do 12 de xullo) ás persoas relacionadas no anexo.
Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, as ditas persoas interesadas, se desexan coñecer o contido íntegro do acto e examinar o resto da documentación do expediente, deberán comparecer:
No prazo de dez (10) días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial de Estado (BOE).
Na sede deste servizo provincial, situada na rúa Vicente Ferrer, 2, andar 8º, ala norte, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Despois de transcorrer o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado.
A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
O acto foi adoptado polo xefe do Servizo Provincial da AXI na Coruña.
A Coruña, 30 de setembro de 2020
Felipe de la Vega Gándaras
Xefe do Servizo Provincial da Coruña
ANEXO
Nº expediente |
Persoa interesada/DNI/NIF/NIE |
Acto notificado |
Estrada |
124/2019-CO |
B15962467 |
Resolución |
AC-162, Sada-Bergondo |
62/2020-CO |
78787984N |
Acordo de inicio |
AC-300, Os Ánxeles-Picaraña |