Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Mércores, 14 de outubro de 2020 Páx. 39864

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

EDICTO do 23 de setembro de 2020, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado De Pol a favor dos/das veciños/as de Pol, na parroquia da Piteira (San Miguel), no concello do Carballiño (Ourense).

En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión que tivo lugar con data do 10 de decembro de 2015.

Examinado o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado De Pol a favor dos/das veciños/as de Pol, na parroquia da Piteira (San Miguel), no concello do Carballiño (Ourense), resultan os seguintes feitos:

Primeiro. Con data do 13 de novembro de 2002, tivo entrada no rexistro da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural escrito dirixido ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común dos veciños de Pol, en que solicitan a clasificación como veciñal en man común de varias parcelas denominadas De Pol.

Segundo. Con data do 20 de outubro de 2009, o xurado provincial acorda iniciar o expediente de clasificación como veciñal en man común do referido monte, designa instrutor e realiza as comunicacións e publicacións a que fan referencia os artigos 20, 21 e 23 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e abriu un período dun mes para a práctica de alegacións.

Terceiro. O procedemento de clasificación quedara paralizado na medida en que nos informes do Servizo de Montes da Xefatura Territorial de Ourense se facía constar que nos terreos obxecto de clasificación existían numerosas vivendas e construcións que non presentaban aproveitamento en réxime de comunidade.

As vivendas particulares inclúense na clasificación do monte, quedando esta comprometida á realización das permutas unha vez que a clasificación sexa firme. Os compromisos de permuta cumpren cos requisitos legais para a súa realización.

Cuarto. O monte obxecto de clasificación, de acordo coa documentación que consta no expediente, descríbese así:

Nome do monte: De Pol.

Superficie: 26,36 ha.

Pertenza: veciños de Pol.

Parroquia: A Piteira (San Miguel).

Concello: O Carballiño.

Descrición dos predios que constitúen o monte:

O monte en clasificación forma un couto redondo, segundo a definición que figura no artigo 8 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, atravesado en sentido transversal (na zona noroeste) por dúas estradas que unen a poboación de Pol co núcleo urbano do Carballiño. Destacan as estremas polo noroeste coa liña AVE Madrid-A Coruña e polo sueste co río Arenteiro; aos outros ventos son propiedades particulares.

Parcelas en clasificación

Polígono

Referencia catastral

USO (segundo catastro)

11

001800100NH70B0001HW

Vivenda + garaxe

001800200NH70B0001WW

Vivenda

001800300NH70B0001AW

Deportivo

001303500NH70B0001OW

Vivenda + almacén + garaxe

001303800NH70B0001DW

Vivenda + almacén

001303900NH70B0001XW

Vivenda + almacén + garaxe

32020A01100786

Piñeiral

32020A011020530000RS

Agrario

32020A1109012

Liña AVE

19

32020A019000060000RK

Agrario

001302800NH70B0001LW

Vivenda + almacén

001302900NH70B0001TW

Vivenda + aparcadoiro

001304100NH70B0001DW

Vivenda + almacén

32020A01900820

Almacén

21

001203300NH70B0001OW

001303400NH70B0001MW

Vivenda + almacén

001303600NH70B0001KW

Aparcadoiro

001303700NH70B0004VT

Vivenda + almacén

001203800NH70B0001IW

Almacén

001203900NH70B001JW

Vivenda

001204100NH70B0001IW

Almacén

0012004200NH70B0001JW

Almacén

001204300NH70B0001EW

Vivenda + almacén

001204400NH70B0001SW

Vivenda + almacén

001204500NH70B0001ZW

Vivenda + almacén

001204600NH70B

Vivenda + almacén

001204700NH70B0001HW

Urbano

32020A021018320000RO

Agrario

32020A021018380000RJ

Agrario

32020A02101839

Rústico e urbano

32020A021018400000RI

Piñeiral

32020A021018810000RH

Agrario

32020A021018850000RY

Agrario

32020A021018920000RL

Agrario

32020A02109010

Liña AVE

32020A02109012

Liña AVE

32020A021019610001TP

Almacén

32020A021020510000RU

Agrario

Delimítase o seu perímetro relacionando as parcelas catastrais estremeiras (cuxos datos foron obtidos da oficina virtual do catastro), que, seguindo as agullas do reloxo e comezando pola primeira parcela no polígono 19, no corte norte da estrada comarcal (parcela 9002), son as seguintes:

Parcelas do polígono 19: 9001, 7, 9002, 026 (001302600NH70B), 024 (001302400NH70B), 9002.

Parcelas do polígono 11: 9002, 207, 204, 211, 233, 240, 241, 254, 255, 257, 258, 259, 260, 263, 264, 268, 269, 273, 274, 275, 276, 281, 280, 283, 285, 286, 287, 288, 289, 300, 309, 310, 311, 312, 313, 314, 9005, 338, 339, 349, 348, 347, 9001 (río Arenteiro), 179, 171, 170,165, 164, 159, 155, 153, 152, 151, 150, 145, 144, 143, 142, 141, 140, 138, 137, 9001 (río Arenteiro), 111, 110, 112, 113, 114, 115, 116, 126, 127, 128, 129, 130, 131, 125, 124, 123, 121, 120, 9012, 2054, 9011.

Parcelas do polígono 21: 1886, 9009, 1880 (pertence á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Carballeda), 9012, 1711, 1710, 1741, 1825, 1833, 034 (001203400NH70B), 1834, 033 (001203300NH70B), 1837, 037 (001203700NH70B), 9001.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común é o órgano competente para coñecer os expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter, de acordo co establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Segundo. De conformidade co disposto no artigo 1 da devandita lei «son montes veciñais en man común... os que, con independencia da súa orixe, as súas posibilidades produtivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e se veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade sen asignación de cotas polos membros daquelas na súa condición de veciños».

Terceiro. É reiterada doutrina da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo que son dúas as notas características dos montes veciñais en man común: unha, o aproveitamento consuetudinario en man común, e outra, a atribución da titularidade dese aproveitamento aos veciños integrantes dun grupo social determinado, independentemente da súa cualificación ou non como entidade administrativa, e que corresponde constatar o aproveitamento e atribuír a titularidade a favor do grupo social que o veña gozando ao xurado provincial de clasificación.

Cuarto. O carácter de monte veciñal en man común tense acreditado mediante as testemuñas dos veciños solicitantes, as actuacións realizadas polo Servizo de Montes, e a documentación que consta no expediente.

En consecuencia co que antecede, examinada a Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, o Decreto 149/2018 de 5 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural, e demais normativa legal e regulamentaria, o xurado provincial, por unanimidade dos seus membros,

RESOLVE:

Clasificar como monte veciñal en man común o monte denominado De Pol a favor dos/das veciños/as de Pol, na parroquia da Piteira (San Miguel), no concello do Carballiño (Ourense), de acordo coa descrición realizada no feito cuarto.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun (1) mes, ou ben directamente recurso contencioso administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da citada Lei 13/1989, nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa

Ourense, 23 de setembro de 2020

Yago Borrajo Sánchez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense