Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Mércores, 14 de outubro de 2020 Páx. 39863

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, pola que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo, procedemento ordinario número 4107/2020, interposto contra o Decreto 73/2020, do 24 de abril, polo que se regulan os aproveitamentos madeireiros e leñosos, de cortiza, de pastos, micolóxicos e de resinas en montes ou terreos forestais de xestión privada na Comunidade Autónoma de Galicia.

A Consellería do Medio Rural recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sección 2ª) un oficio en que se comunica a interposición do recurso contencioso-administrativo, procedemento ordinario número 4107/2020, interposto polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia, contra o Decreto 73/2020, do 24 de abril, polo que se regulan os aproveitamentos madeireiros e leñosos, de cortiza, de pastos, micolóxicos e de resinas en montes ou terreos forestais de xestión privada na Comunidade Autónoma de Galicia.

En consecuencia, esta secretaría xeral técnica acorda nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove (9) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2020

Nicolás Vázquez Iglesias
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural