Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Martes, 13 de outubro de 2020 Páx. 39668

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (DSP 947/2019).

Eu, Paloma Recalde Álvarez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento 947/2019 deste xulgado do social, contra a empresa Sebastián Cubeiro, S.L., coa intervención do Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, se ditou sentenza co número 312/20, con data do 11.9.2020, contra a cal se pode interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días. Faise saber, igualmente, que no dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro do acto.

E para que sirva de notificación en legal forma a Sebastián Cubeiro, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 17 de setembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza