Eva Ortiz Suárez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 241/2019 deste xulgado do social, sobre ordinario, se ditou decreto con data do 1 de xuño de 2020, podendo interpoñer o oportuno recurso de revisión, facéndolles saber aos interesados que poderán ter coñecemento íntegro das ditas resolucións na Secretaría deste órgano xudicial.
E para que sirva de notificación en legal forma a Construcciones Ramón Domínguez e Hijos, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
A Coruña, 21 de setembro de 2020
A letrada da Administración de xustiza