Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Martes, 13 de outubro de 2020 Páx. 39670

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO de notificación de auto (PO 331/2019).

Eva Ortiz Suárez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 331/2019 deste xulgado do social, sobre ordinario, se ditou auto con data do 15 de abril de 2020, podendo interpoñer o oportuno recurso de reposición no prazo de tres días, facéndolles saber aos interesados que poderán ter coñecemento íntegro das ditas resolucións na Secretaría deste órgano xudicial.

E para que sirva de notificación en legal forma a INV Prestadora de Servicios Integrales, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 21 de setembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza