Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 9 de outubro de 2020 Páx. 39480

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Primeira)

EDICTO (RSU 100/2020 BC).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 100/2020 BC

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 12/2019. Xulgado do Social número 4 de Vigo

Recorrente: María del Mar Romero Atalao

Avogada: Pilar Fernández González

Recorrido: Brupepizza, S.L.

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 100/2020 desta sección, seguido por instancia de María del Mar Romero Atalao contra a empresa Brupepizza, S.L., sobre reclamación de cantidade, ditouse resolución, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Decidimos que, desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación letrada da demandante Mª del Mar Romero Atalao, contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 4 de Vigo, do 16 de outubro de 2019, nos presentes autos 12/2019, tramitados por instancia da referida recorrente, fronte á empresa Brupepizza, S.L., debemos confirmar e confirmamos a devandita sentenza.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 35 seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo observacións ou concepto da transferencia os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Brupepizza, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 17 de setembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza