Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 9 de outubro de 2020 Páx. 39482

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 79/2020).

Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fai saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 79/2020 deste xulgado do social, seguidos a instancia de María del Mar Teixeira González contra a empresa Abarrotes Gourmet, S.L., sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

Auto despachando execución de data 17.9.2020, impugnable en reposición no prazo de tres días, a cal se encontra á súa disposición na sede do xulgado.

Dilixencia de ordenación e decreto de data 17.9.2020, ambas as dúas impugnables en revisión no prazo de tres días, as cales se encontran á súa disposición na sede do xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Abarrotes Gourmet, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 17 de setembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza