Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 8 de outubro de 2020 Páx. 39267

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 76/2020).

Eu, Elena Pereira Bernárdez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 76/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Dolores Otero Castro contra Junior’s Servicios Integrales, S.L., Edificios Docentes de Santiago, S.L., Colegio Junior’s, S.L., Fundación Junior’s Caesga, S.L., Fogasa, sobre despedimento, se ditaron as seguintes resolucións cuxa parte dispositiva é:

«Auto:

Maxistrada xuíza Ana María Souto González.

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2020.

Parte dispositiva

Dispoño:

Despachar orde xeral de execución da sentenza nº 397/19, do 28.8.2019, ditada no procedemento DSP 122/19, confirmado pola sentenza do 14.2.2020, ditada en suplicación pola Sala do Social do TSX de Galicia a favor da parte executante, Dolores Otero Castro, fronte a Junior’s Servicios Integrales, S.L., Edificios Docentes de Santiago, S.L., Colegio Junior’s, S.L., Fundación Junior’s Caesga, S.L., Fogasa, parte executada, en forma solidaria, por importe de 51.957,87 euros en concepto de principal (33.235,36 en concepto de indemnización, 8.969,05 en concepto de salarios, 616,78 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 E.T. sobre a cantidade anterior e 9.136,08 euros en concepto de salarios de tramitación), máis outros 5.195,78 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

O presente auto, xunto co decreto que ditará a letrada da Administración de xustiza, e copia da demanda executiva, serán notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC, quedando a executada apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS.

Contra este auto poderá interpoñerse recurso de reposición ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, en que ademais de alegar as posibles infraccións en que puidese incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais esixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que acaecesen con posterioridade á constitución do título, e a compensación de débedas non será admisible como causa de oposición á execución.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A maxistrada A letrada da Administración de xustiza.

Decreto:

Letrada da Administración de xustiza Marina Piar García de Evan.

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2020.

Parte dispositiva:

Acordo, en cumprimento do requisito que se contén no artigo 276.3 e previo á estimación na presente executoria da pervivencia da declaración de insolvencia das partes executadas, Junior’s Servicios Integrales, S.L., Edificios Docentes de Santiago, S.L., Colegio Junior’s, S.L., Fundación Junior’s Caesga, S.L., dar audiencia previa á parte demandante Dolores Otero Castro e ao Fondo de Garantía Salarial, por termo de quince días, para que poidan sinalar a existencia de novos bens, e do seu resultado acordarase o procedente.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que deberá interpoñerse ante quen dita a resolución no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da notificación desta, con expresión da infracción cometida nesta a xuízo do recorrente (artigo 188 da LJS).

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Edificios Docentes de Santiago, S.L., Colegio Junior’s, S.L., Fundación Junior’s Caesga, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza