Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento 234/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Eva María García Porto contra a empresa José Luis García Porto, sobre despedimento, se ditou sentenza, con data 23.10.2019, contra a que cabe recurso de suplicación no prazo de cinco días, que se encontra á súa disposición na oficina xudicial.
E para que sirva de notificación en legal forma a José Luis García Porto, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
Pontevedra, 15 de setembro de 2020
A letrada da Administración de xustiza