Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 8 de outubro de 2020 Páx. 39284

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 2020, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se outorga autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción ás instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Serra do Punago, sito nos concellos de Castroverde e Baralla (Lugo) e promovido por Acciona Energía, S.A.U. (expediente LU 11/142 EOL).

Examinado o expediente iniciado por solicitude de Acciona Energía, S.A.U. en relación coa autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción do parque eólico Serra do Punago, constan os seguintes

Antecedentes de feito:

Primeiro. Mediante a Resolución do 20 de decembro de 2010, pola que se aproba a relación de anteproxectos de parques eólicos seleccionados ao abeiro da Orde do 29 de marzo de 2010 para a asignación de 2.325 MW de potencia na modalidade de novos parques eólicos en Galicia (DOG nº 248, do 28 de decembro), admitiuse a trámite o parque eólico Serra do Punago (en diante, o parque eólico), cunha potencia de 24 MW e promovido por Acciona Energía, S.A. (en diante, a promotora).

Segundo. O 27.6.2011, a promotora solicitou a autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución, a declaración de impacto ambiental, a declaración de utilidade pública, en concreto, a inclusión no réxime especial de produción de enerxía eléctrica e a aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do parque eólico.

Terceiro. O 13.7.2011, a empresa promotora solicitou a modificación do proxecto, consistente no desprazamento de varios aeroxeradores con respecto ás súas posicións orixinais e o cambio no modelo de aeroxerador que se implantará.

Cuarto. Pola Resolución do 2 de decembro de 2011, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, autorizáronse as modificacións do proxecto do parque eólico Serra do Punago, promovido por Acciona Energía, S.A.U., por non influír no resultado do concurso, segundo a Resolución do 20 de decembro de 2010, pola que se aproba a relación de anteproxectos de parques eólicos seleccionados ao abeiro da Orde do 29 de marzo de 2010 para a asignación de 2.325 MW de potencia na modalidade de novos parques eólicos en Galicia.

Quinto. O 22.3.2012, a promotora presentou o documento Modificado ao proxecto de execución, parque eólico Serra do Punago. Marzo 2012.

Sexto. O 29.5.2012, a Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria de Lugo (en adiante, a xefatura territorial) emitiu o informe sobre as instalacións electromecánicas descritas no modificado ao proxecto de execución do parque eólico.

Sétimo. Pola Resolución do 15 de xuño de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, sometéronse a información pública para autorización administrativa, aprobación do modificado ao proxecto de execución, declaración de utilidade pública, en concreto, así como inclusión no réxime especial de produción de enerxía eléctrica e aprobación do seu estudo de impacto ambiental e do correspondente proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, as instalacións relativas ao parque eólico Serra do Punago.

A dita resolución publicouse no Diario Oficial de Galicia do 27.8.2012, no Boletín Oficial da provincia de Lugo do 27.8.2012 e no xornal El Progreso do 27.8.2012. Así mesmo, permaneceu exposta ao público no taboleiro de anuncios dos concellos afectados de Castroverde e Baralla, da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria de Lugo e da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas de Lugo, que emitiron os correspondentes certificados de exposición pública.

A seguir resúmese o contido das alegacións presentadas durante o período de información pública e na tramitación do expediente:

– Existencia de erros na relación de bens e dereitos afectados, maioritariamente en relación coa titularidade das parcelas, coas superficies afectadas, coa clasificación do solo, co tipo de aproveitamento, cos enderezos para os efectos de notificacións, etc.

– Solicitudes de modificación do trazado dalgún vieiro de acceso e da liña eléctrica de evacuación.

– Oposición á declaración de utilidade pública polos prexuízos ás vivendas da proximidade.

– Oposición ás servidumes afectadas, por limitar e modificar os usos dos predios, e a diminución das perspectivas económicas destas.

– Sobre o grande impacto ambiental que supón a corta do arboredo existente.

– Proximidade do proxecto e posibles afeccións á vía romana XIX.

– Sobre a denominación do proxecto e o auténtico topónimo, Puñago, que dá nome á serra que se estende cara ao sur.

– Inviabilidade do aproveitamento de parte do monte veciñal polo perigo físico dos comuneiros e dos seus bens.

– Impactos visual e acústico, contaminación electromagnética, contaminación de acuíferos, efectos sobre o medio natural (faunísticos, mortaldade en aves e especies cinexéticas), e degradación do medio natural e a súa condición de zona paisaxística, producidos polas instalacións do parque eólico.

– A recualificación como solo rústico de protección de infraestruturas enerxéticas impide o seu aproveitamento forestal.

– Impactos sobre superficies dedicadas a pasteiro e o efecto económico adverso ao diminuír a produción forraxeira.

– A paralización do proceso de declaración de utilidade pública, mentres o promotor non acredite a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados, así como a afección destes.

– Que se consideren como afeccións aos bens e limitacións á propiedade as afeccións ata 200 m do perímetro do aeroxerador, e que se considere como demérito por impacto visual, contaminación electromagnética e sónica ata os 1.000 m.

– Que se materialice sobre o terreo mediante estacas todo o territorio afectado.

– Que o marco regulador eólico dificulta a obtención de rendas para os propietarios de terreos eólicos.

– Non existe xustificación da necesidade do inicio dun proceso de utilidade pública.

– Falta de transparencia por parte da Administración competente para o coñecemento do proxecto por parte das persoas afectadas.

– Que se poña en marcha para este e todos os parques eólicos o proceso de aceptación social do proxecto.

– Que non se autorice a afección de aeroxeradores e vieiros sobre hábitats de conservación prioritaria na UE presentes na zona, sobre especies incluídas no anexo II da Lei 42/2007, do patrimonio natural e da biodiversidade, sobre as zonas previstas para a ampliación da Rede Natura 2000, e sobre as zonas núcleo e tampón da Reserva da Biosfera Terras do Miño, por non concorrer no proxecto ningunha das consideracións establecidas no artigo 45.6 da Lei 42/2007, do patrimonio natural e da biodiversidade.

– Adopción de medidas para evitar afeccións sobre especies incluídas no anexo I da Directiva Aves, nos libros vermellos estatais e no Catálogo galego de especies ameazadas.

– Que se inclúan no proxecto medidas recomendadas nos plans de conservación de especies ameazadas da Xunta de Galicia.

– Que se adopten medidas para mitigar a mortaldade de anfibios, réptiles, aves e mamíferos nos vieiros de acceso, e de aves e morcegos por impacto cos aeroxeradores, así como perturbacións dos hábitats na contorna do parque eólico.

Oitavo. Durante a tramitación do procedemento, e de acordo co establecido nos artigos 127 e 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, a xefatura territorial remitiulles, para a emisión dos correspondentes condicionados técnicos, as separatas do proxecto de execución do parque eólico aos seguintes organismos e empresas de servizo público: Concello de Baralla, Concello de Castroverde, Deputación Provincial de Lugo, Retegal, S.A., Retevisión I, S.A., Agencia Estatal de Seguridad Aérea, Unión Fenosa Distribución, S.A., Confederación Hidrográfica Miño-Sil e Instituto Xeográfico Nacional.

Noveno. O 4.7.2012, a Deputación Provincial de Lugo informou que o proxecto non afecta obras previstas sobre ningunha estrada da súa titularidade.

Décimo. O 4.7.2012, a Dirección Xeral do Instituto Xeográfico Nacional considera que o parque eólico non afectaría a operatividade dos vértices da rede xeodésica provincial.

Décimo primeiro. O 5.7.2012, Retegal, S.A. emitiu condicionado en que propón a recolocación do aeroxerador nº 8 de xeito que se elimine ou minimice a afección, ou que a promotora asine un acordo polo que se comprometa a asumir os custos de realizar estudos de afección á cobertura e corrección de defectos futuros, derivados da construción do parque eólico. O 10.8.2012, a promotora comunica a súa conformidade coas actuacións que se realizará, no caso de confirmarse as afeccións sobre os servizos de TDT xeradas pola posta en marcha do parque eólico.

Décimo segundo. O 23.7.2012, Retevisión I, S.A. emitiu, en relación coas instalacións do parque eólico, o correspondente condicionado técnico, onde comunica que non desexa manter ningunha oposición ao proxecto e solicita que se lle comunique calquera modificación para avaliar as posibles afeccións, sen prexuízo de requirir o compromiso da promotora de corrixir as posibles deficiencias que se poidan producir na recepción do sinal de televisión derivada da construción do parque eólico. Con data do 23.8.2012, a promotora manifesta a súa conformidade.

Décimo terceiro. O 22.11.2012, a xefatura territorial reiterou as solicitudes de condicionado técnico, feitas o 19.6.2012, ao Concello de Baralla, Concello de Castroverde e Confederación Hidrográfica Miño-Sil, e o 21.2.2013 reiterouse a petición de condicionado técnico a Unión Fenosa Distribución, S.A.

Décimo cuarto. O 19.12.2012, a Axencia Estatal de Seguridade Aérea autorizou as instalacións do parque eólico, establecendo o correspondente condicionado.

Décimo quinto. O 25.11.2014, a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental formulou a declaración de impacto ambiental relativa ao parque eólico, que se fixo pública pola Resolución do 12 de xaneiro de 2015, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas (DOG nº 97, do 26 de maio).

Décimo sexto. O 29.1.2015, a Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu, en relación co proxecto sectorial do parque eólico, o informe a que facía referencia o artigo 37.7 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

Décimo sétimo. O 27.11.2017, Acciona Energía, S.A.U. solicitou a tramitación do proxecto do parque eólico conforme a disposición transitoria terceira da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia.

Décimo oitavo. O 3.11.2018, a promotora presentou escrito en que solicita a autorización administrativa previa e de construción para o proxecto do parque eólico Serra do Punago, cunha potencia limitada a 23,21 MW.

Décimo noveno. O 6.11.2018, Acciona Energía, S.A.U. solicitou ante o órgano ambiental a prórroga da vixencia da declaración de impacto ambiental formulada o 25.11.2014. Pola Resolución do 6 de febreiro de 2019, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, concédese a prórroga da declaración de impacto ambiental para o proxecto parque eólico Serra do Punago.

Vixésimo. O 18.3.2020, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu o informe a que fai referencia o artigo 33.5 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, en que se indica que o proxecto parque eólico cumpre os requisitos de distancias ás delimitacións do solo de núcleos rurais, solo urbano e solo urbanizable establecidos no Plan sectorial eólico de Galicia.

Vixésimo primeiro. O parque eólico conta cos dereitos de acceso e conexión á rede para unha potencia de 23,21 MW, segundo o informe do xestor de rede.

Aos antecedentes de feito descritos sonlles de aplicación os seguintes

Fundamentos de dereito:

Primeiro. A Dirección Xeral de Enerxía e Minas é competente para resolver este procedemento con fundamento no Decreto 135/2017, do 28 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, e no artigo 34.1 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia.

Segundo. No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites de procedemento establecidos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 4/2014, do 8 de maio, e pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, consonte a disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas vixentes de aplicación.

Terceiro. En relación coas alegacións presentadas durante a tramitación do expediente, recollidas no anexo desta resolución, e resumidas no antecedente de feito sétimo, visto o seu contido e as respostas efectuadas pola promotora, cómpre manifestar o seguinte:

1. Ás alegacións relacionadas coa titularidade e as características dos bens e dereitos afectados, así como coas compensacións económicas que se poidan percibir por parte dos afectados pola eventual expropiación daqueles, serán tidas en conta na resolución do procedemento de declaración de utilidade pública do parque eólico, que non é obxecto da presente resolución. Con todo, hai que indicar que se tomou razón de todas as manifestacións e documentos presentados polas persoas interesadas.

2. Así mesmo, as consideracións efectuadas sobre a falta de xustificación da necesidade dun proceso de utilidade pública e a tramitación do correspondente procedemento serán abordadas na resolución que finalmente se adopte sobre esta cuestión.

3. No que respecta ás alegacións relativas á oposición e modificación dos trazados das servidumes afectadas, considérase o número 3 do artigo 153 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro. No dito número ponse de manifesto a necesidade de acreditar na solicitude de variación do trazado a conformidade previa dos novos propietarios coa dita variación, debidamente documentada, así como o compromiso formal de sufragar todos os gastos que ocasione a súa realización.

4. En relación coa reclamación sobre os prexuízos xerados polo proxecto sobre explotacións agrícolas e gandeiras, vivendas, bens e demais dereitos afectados, non están previstas afeccións aos usos actuais máis alá das propias zonas de implantación das infraestruturas definidas no proxecto de execución. En todo caso, no que respecta ás compensacións polas afeccións xeradas polo proxecto, no caso de que non se chegase a un acordo entre o promotor eólico e os afectados durante o procedemento expropiador, fixaranse as compensacións correspondentes de acordo coa lexislación aplicable.

5. En canto ás alegacións relativas ás actuacións que se leven a cabo con anterioridade ao levantamento das actas previas á ocupación, estas deberán realizarse na fase correspondente do expediente.

6. No que respecta a todas ás alegacións de carácter ambiental e afeccións ao patrimonio cultural, natural e paisaxístico, cómpre indicar que estas foron tidas en conta na declaración de impacto ambiental emitida pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental o 25.11.2014, onde se recollen as condicións desde un punto de vista ambiental en que se pode desenvolver o proxecto, así como as medidas correctoras e compensatorias necesarias.

Durante o trámite de avaliación de impacto ambiental a que o proxecto foi sometido, recibíronse informes dos seguintes organismos: direccións xerais do Patrimonio Cultural, de Conservación da Natureza, e de Innovación e Xestión da Saúde Publica, Instituto de Estudos do Territorio, Secretaría Xeral para o Turismo, Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria de Lugo.

O proxecto conta, pola Resolución do 6 de febreiro de 2019, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, cunha prórroga da declaración de impacto ambiental, logo de recibir informes da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, Dirección Xeral de Patrimonio Natural, Instituto de Estudos do Territorio e Dirección Xeral de Saúde Pública e, posteriormente, o 18.2.2019 co informe favorable da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

7. No que atinxe ás alegacións sobre concorrencia de utilidades públicas e a súa compatibilidade ou prevalencia, cabe responder que esta cuestión será abordada na fase do expediente correspondente á declaración de utilidade pública do parque eólico.

8. As alegacións de carácter urbanístico serán consideradas no momento de proceder á resolución da aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal. En todo caso, o proxecto que se aproba mediante esta resolución conta con informe da Dirección Xeral de Urbanismo, como se recolle no antecedente de feito décimo sexto.

9. En relación coa información facilitada ás persoas afectadas para o coñecemento do proxecto e a aceptación social deste, cómpre indicar, como recolle o antecedente de feito sétimo, a autorización administrativa, a aprobación do modificado ao proxecto de execución, a declaración de utilidade pública, en concreto, así como a inclusión no réxime especial de produción de enerxía eléctrica e aprobación do seu estudo de impacto ambiental e do correspondente proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, das instalacións relativas ao parque eólico foron sometidas a información pública mediante a Resolución do 15 de xuño de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, e que a dita resolución publicouse no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia de Lugo e no xornal El Progreso e, así mesmo, permaneceu exposta ao público no taboleiro de anuncios dos concellos afectados de Castroverde e Baralla, da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria de Lugo e da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas de Lugo.

No que respecta á participación do público no procedemento de avaliación ambiental, cómpre sinalar (e así se reflicte na DIA) que a normativa que rexeu este procedemento incorpora as disposicións previstas no convenio Aarhus sobre participación pública, polo que os dereitos que nel se establecen quedan debidamente garantidos.

10. En relación coa denominación do proxecto, na falta dunha norma legal que impoña ou suxira a denominación das instalacións de produción de enerxía eléctrica, a promotora utilizou a denominación coa que se identifica o ADE II-3-4 Serra do Punago, indicado na Orde do 29 de marzo de 2010, para a asignación de 2.325 MW de potencia na modalidade de novos parques eólicos en Galicia (DOG nº 248, do 28 de decembro).

Cuarto. A seguir recóllese a información exixida nas letras a) e b) do artigo 42.2 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, a respecto da declaración de impacto ambiental (DIA) das instalacións do parque eólico Serra do Punago, formulada pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental o 25.11.2014, e recollida no feito décimo quinto desta resolución:

a) A declaración de impacto ambiental recolle literalmente: «Examinada a documentación que constitúe o expediente, esta Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental considera que o proxecto é ambientalmente viable sempre que se cumpran as condicións que se establecen nesta DIA, ademais das incluídas no estudo de impacto ambiental e na restante documentación avaliada, tendo en conta que no caso de que exista contradición entre o indicado na antedita documentación e o establecido na presente declaración, prevalecerá o disposto nesta última».

b) A DIA que nos ocupa refírese ás instalacións do parque eólico Serra do Punago.

Na epígrafe 3 da DIA recóllense as condicións que complementan, matizan ou subliñan as incluídas no Estudo de Impacto Ambiental e a restante documentación avaliada, distribuídas nos seguintes ámbitos:

2. Protección da atmosfera.

3. Protección das augas e leitos fluviais.

4. Protección do solo e infraestruturas.

5. Xestión de residuos.

6. Protección da fauna, vexetación e hábitats naturais.

7. Protección do patrimonio cultural.

8. Integración paisaxística e restauración.

9. Programa de vixilancia e seguimento ambiental.

10. Outras condicións.

De acordo con todo o que antecede,

RESOLVO:

Primeiro. Outorgar autorización administrativa previa ás instalacións do parque eólico Serra do Punago, sito nos concellos de Castroverde e Baralla (Lugo) e promovido por Acciona Energía, S.A.U., cunha potencia de 23,21 MW.

Segundo. Outorgar autorización administrativa de construción ao proxecto de execución das instalacións do parque eólico Serra do Punago, composto polo documento: Modificado ao proxecto de execución parque eólico Serra do Punago. Marzo 2012, asinado polo enxeñeiro industrial Martín Echeverría Crespo, colexiado nº 433 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Navarra.

As características principais recollidas no proxecto son as seguintes:

Solicitante: Acciona Energía, S.A.U.

Domicilio social: avenida Ciudad de la Innovación, 5, 31621 Sarriguren, Navarra.

Denominación: parque eólico Serra do Punago.

Potencia autorizada (máxima evacuable): 23,21 MW.

Produción neta: 71.206 MWh/ano.

Horas equivalentes netas: 3.068 h.

Concellos afectados: Castroverde e Baralla (Lugo).

Orzamento de execución material: 25.535.960,15 euros.

Coordenadas perimétricas da poligonal do parque eólico:

Vértice

Coordenadas UTM

Coordenadas UTM

(Fuso 29 ED50)

(Fuso 29 ETRS89)

X

Y

X

Y

1

642.000

4.758.250

641.875,69

4.758.036,15

2

644.814

4.758.250

644.689,74

4.758.036,14

3

646.400

4.753.400

646.275,73

4.753.186,05

4

644.000

4.753.000

643.875,70

4.752.786,05

5

642.092

4.753.000

641.967,67

4.752.786,06

Coordenadas dos aeroxeradores do parque eólico:

Aeroxerador

Coordenadas UTM

Coordenadas UTM

(Fuso 29 ED50)

(Fuso 29 ETRS89)

X

Y

X

Y

A3.1

643.164

4.754.113

643.039,69

4.753.899,07

A3.2

643.351

4.753.921

643.226,69

4.753.707,07

A3.3

643.553

4.753.711

643.428,69

4.753.497,06

A4.1

645.364

4.754.358

645.239,72

4.754.144,07

A1.1

644.086

4.756.319

643.961,72

4.756.105,11

A1.2

644.306

4.756.131

644.181,72

4.755.917,10

A2.1

644.473

4.755.914

644.348,72

4.755.700,10

A2.2

644.632

4.755.707

644.507,72

4.755.493,10

Coordenadas das estaciones meteorolóxicas do parque eólico:

Torre

meteorolóxica

Coordenadas UTM

Coordenadas UTM

(Fuso 29 ED50)

(Fuso 29 ETRS89)

X

Y

X

Y

5

645.216

4.754.592

645.091,72

4.754.378,07

6

644.208

4.756.542

644.083,72

4.756.328,11

7

642.639

4.754.355

642.514,68

4.754.141,08

Coordenadas da subestación:

Subestación

Coordenadas UTM

Coordenadas UTM

(Fuso 29 ED50)

(Fuso 29 ETRS89)

X

Y

X

Y

643.826

4.756.279

643.701,71

4.756.065,11

Características técnicas das instalacións eléctricas de produción, interconexión e transformación:

– 8 aeroxeradores AW3000/116 IEC IIa a 12kV de tensión nominal, con 3.000 kW de potencia nominal unitaria, 120 metros de altura de buxa e 116 metros de diámetro de rotor.

– 3 torres meteorolóxicas autoportantes de 120 metros de altura, equipadas con viraventos, anemómetros, medidores de temperatura, medidores de presión e rexistrador de datos.

– Subestación transformadora, cun transformador principal 12/132 kV intemperie, de 25 ONAN/30 ONAF MVA de potencia nominal e conexión YNd11, e outro de servizos auxiliares 12/0,38 kV de 50 kVA e conexión Dyn11, cos correspondentes equipamentos de control, seccionamento, manobra, medida e protección.

– Edificio de control no cal se situarán, entre outros, as celas de liña, de protección e de medida.

– Liñas eléctricas subterráneas de 12 kV de tensión nominal, para a evacuación de enerxía xerada, de interconexión entre os aeroxeradores e subestación transformadora 12/132 kV.

– Camiños ou vías para o acceso aos aeroxeradores, torres meteorolóxicas, edificio de control e subestación eléctrica.

A presente autorización axustarase ao cumprimento das seguintes condicións:

1. Consonte o disposto no artigo 4 do Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental, Acciona Energía, S.A.U. constituirá, con carácter previo ao inicio das obras, unha fianza para garantir o cumprimento do deber de restaurar os terreos ocupados polo parque eólico na fase de obras. O importe da fianza fíxase, por proposta da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, en 191.520 euros.

A dita fianza depositarase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 11.3 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, sobre réxime de instalación, ampliación e traslado de industrias. A súa devolución efectuarase de acordo co establecido no artigo 6 do Decreto 455/1996, do 7 de novembro, unha vez depositada a fianza para garantir a obriga de restaurar os terreos ocupados na fase de desmantelamento.

2. Para a inscrición da instalación no Rexistro Autonómico creado pola Orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xuño de 1995 (DOG nº 135, do 14 de xullo), a promotora efectuará a correspondente solicitude, de acordo co procedemento regulamentariamente establecido.

3. A instalación adaptarase ao procedemento de captación e procesamento de datos de produción de enerxía eléctrica de Galicia regulamentado pola Orde da Consellería de Innovación e Industria, do 23 de xaneiro de 2009, pola que se establece o procedemento para a captación e o procesamento dos datos de produción enerxética das instalacións acollidas ao réxime especial de produción de enerxía eléctrica na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 37, do 23 de febreiro).

4. Previamente ao inicio das obras, o promotor deberá presentar ante esta dirección xeral un estudo ambiental de sinerxías que inclúa as infraestruturas de evacuación, así como as posibles afeccións a infraestruturas próximas.

5. Conxuntamente coa solicitude de autorización de explotación das instalacións o promotor deberá presentar ante a xefatura territorial, un certificado de final de obra subscrito por un técnico facultativo competente, en que conste que a instalación se realizou de acordo coas especificacións contidas no proxecto de execución que mediante esta resolución se aproba, así como coas prescricións da regulamentación técnica aplicable á materia e, así mesmo, deberá presentar ante esta dirección xeral un plano as built e outro plano cartográfico en formato shape das instalacións do parque eólico, de acordo co artigo 132 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

6. Unha vez construídas as instalacións autorizadas, e con carácter previo á súa posta en servizo, a Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo inspeccionará a totalidade das obras e montaxes efectuadas e verificará o cumprimento das condicións establecidas nesta resolución e as demais que sexan de aplicación.

7. Conxuntamente coa solicitude de autorización de explotación das instalacións o promotor deberá presentar ante a dita xefatura territorial certificado do fabricante en que conste a limitación de potencia das máquinas, que garanta que a potencia evacuada non supera en ningún momento a potencia autorizada por esta resolución.

8. No caso de que se manifestasen perturbacións na recepción do sinal da TDT, directamente atribuíbles ás instalacións do parque eólico, Acciona Energía, S.A.U. deberá adoptar as medidas necesarias para devolverlle á recepción do sinal as anteriores condicións de calidade.

9. De conformidade coa disposición transitoria cuarta, número 3, da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, o promotor disporá dun prazo de tres anos, contado desde a notificación da autorización administrativa de construción, para solicitar a correspondente autorización de explotación. En caso de incumprimento, poderá producirse a revogación das mencionadas autorizacións nos termos establecidos no número 10 do artigo 53 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, ou norma que a substitúa.

10. O parque eólico deberá cumprir cos requisitos que se recollan nos procedementos de operación aprobados polo Ministerio para a Transición Ecolóxica que lle resulten de aplicación.

11. De acordo co establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o incumprimento das condicións e requisitos establecidos nas autorizacións ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á revogación das autorizacións, logo de audiencia do interesado.

12. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

13. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido no artigo 34.4 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade cos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2020

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas

ANEXO

1. Alegacións presentadas durante o período de información pública e na tramitación do expediente indicado no antecedente de feito sétimo:

Luis Emilio Fernández Díaz, o 13.5.2013; Eduardo Álvarez González, o 17.4.2013; Isaac Fernández Fernández (hdo. de Julio Fernández Mallo), Crisanto Seijo López, Maximino Fernández Rodríguez, Manuel Abelleira Álvarez, Delio Álvarez Díaz e Carmen Arias Pin, o 3.7.2012; José Gómez Díaz, o 2.7.2012; Magdalena Pardeiro Fernández, o 5.7.2012 e 10.7.2012; Jesús Álvarez González, o 1.10.2012 e 19.7.2012; Ramiro Méndez Fernández, o 20.7.2012; Eloy Fernández Pérez (como presidente do MVMC de Guimarei), o 26.7.2012; Juan José Otero Pérez (como presidente do MVMC de Vilachambre), o 27.7.2012 e 8.10.2012; Jesús Martínez Valvarcé (como presidente do MVMC de Arroxo), o 26.7.2012 e 4.10.2012; Jesús Núñez Cordero (como presidente do MVMC de Matela), o 26.7.2012 e 5.10.2012; Luís Fernández Díaz, o 16.8.2012; Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía da Universidade de Vigo, o 20.9.2012; Serafín González Prieto como presidente da Sociedade Galega de Historia Natural, o 21.9.2012; Vicente Álvarez López, Antonio Díaz Vázquez e José Mallo Fernández, o 3.10.2012; José Guillermo Otero Núñez, o 7.12.2012.