Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 5 de outubro de 2020 Páx. 38407

III. Outras disposicións

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2020 pola que se publica a oferta de emprego público do persoal de administración e servizos para o ano 2020.

O artigo 70 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, e o artigo 48 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, establecen a oferta anual de emprego público como mecanismo de planificación das necesidades de selección de persoal nas administracións públicas.

Este mesmo é o instrumento previsto para tal efecto no artigo 43 dos estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, aprobados polo Decreto 14/2014, do 30 de xaneiro, e publicados no Diario Oficial de Galicia o 12 de febreiro de 2014.

A oferta anual de emprego público constitúese así, na Universidade de Santiago de Compostela, como un instrumento de planificación e publicidade das necesidades en materia de recursos humanos no ámbito de administración e servizos que, ao non poder satisfacerse mediante procedementos de provisión de postos, teñen que cubrirse a través de sistemas de selección de persoal de novo ingreso.

Para a elaboración desta oferta, téñense en conta as previsións do artigo 19 da Lei 6/2018, do 3 de xullo, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2018 (actualmente prorrogados), e do artigo 36 da Lei 6/2019, do 23 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020, polo que se inclúen na oferta xeral trinta e dúas (32) prazas, que non superan a taxa de reposición de efectivos do cen por cento prevista nesas leis e son o resultado da diferenza existente entre o número de xubilacións, excedencias sen reserva de posto e falecementos producidos no ano 2019, así como os reingresos.

Así mesmo, figuran prazas correspondentes ao persoal declarado indefinido non fixo mediante sentenza xudicial (consolidación de emprego) e prazas de promoción interna independente, que non computan para os efectos do límite máximo de prazas derivado da taxa de reposición de efectivos e que se levarán a cabo en convocatorias independentes das de ingreso.

Por último, ao abeiro do artigo 19.Un.9 da Lei de orzamentos xerais do Estado para o ano 2018, inclúense prazas de natureza estrutural comprendidas na taxa adicional para a estabilización de emprego temporal que están dotadas orzamentariamente e que levan ocupadas de forma temporal e ininterrompidamente polo menos os tres anos anteriores ao 31 de decembro de 2017.

Para dar cumprimento ao establecido no artigo 48.2 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, faise unha reserva dunha cota do dez por cento das vacantes ofertadas para seren cubertas por persoas con discapacidade.

A reserva realízase naquelas escalas e categorías en que as actividades ou funcións que se van realizar son compatibles, en maior medida, coa posible existencia dunha discapacidade. O número de prazas reservadas quedará recollido nas correspondentes bases das convocatorias.

De acordo con todo o exposto, e logo de negociación cos órganos de representación de persoal de administración e servizos, emitida a preceptiva autorización pola Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos da Consellería de Facenda, e conforme o Acordo do Consello de Goberno, do 24 de xullo de 2020, polo que se aproba a oferta de emprego público para o persoal de administración e servizos de 2020, a Xerencia da Universidade de Santiago de Compostela, en virtude do previsto no punto décimo sexto D.6) da Resolución do 30 de abril de 2020 sobre delegación de competencias en determinados órganos universitarios, publicada no DOG núm. 90, do 11 de maio,

RESOLVE:

Primeiro. Publicar a oferta de emprego público do persoal de administración e servizos da USC para o ano 2020, recollida nos anexos a esta resolución.

Segundo. Esta oferta de emprego inclúe as necesidades de recursos humanos con asignación orzamentaria que non poden ser cubertas cos efectivos de persoal existentes, segundo se detalla nos anexos, dentro do contexto global de restrición orzamentaria que afecta as administracións públicas.

Terceiro. Nesta oferta, de acordo co previsto no artigo 48 da Lei 2/2015, do emprego público de Galicia, establécense os criterios xerais, sen prexuízo das especificidades que se poidan establecer nas convocatorias respectivas.

Cuarto. As convocatorias das probas selectivas de acceso libre derivadas desta oferta publicaranse no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado para garantir a publicidade exixida no artigo 75.2 da Lei 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e executaranse dentro do prazo máximo previsto no artigo 70 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2020

Antonio Javier Ferreira Fernández
Xerente da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO I

Oferta xeral

Subgrupo/grupo

Escala/categoría

Acceso libre

Total

Reserva persoas con discapacidade

Libre

A1

Escala técnica superior de administración-especialidade xurídica

-

1

1

C1

Escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos

2

6

8

C2

Escala auxiliar

1

9

10

I

Médico de empresa

-

1

1

II

Arquitecto técnico

-

1

1

II

Técnico prevención de riscos laborais

-

1

1

III

Técnico de investigación-área bioloxía-saúde

-

1

1

III

Técnico de investigación-área química-física

-

2

2

III

Técnico especialista de investigación, especialidade química

-

1

1

III

Técnico especialista en actividades culturais

-

1

1

IV.1

Oficial de servizos

-

5

5

Total

3

29

32

ANEXO II

Oferta adicional de estabilización

Grupo

Categoría

Acceso libre

Total

Reserva persoas con discapacidade

Libre

I

Técnico superior de linguas modernas

-

4

4

III

Técnico especialista escola infantil

-

3

3

III

Técnico especialista informática-especialidade en desenvolvemento de sistemas

-

1

1

IV.1

Auxiliar técnico informático

3

12

15

IV.1

Especialista de oficios (carpinteiro)

-

2

2

IV.1

Especialista de oficios (pintor)

-

1

1

IV.1

Especialista de oficios imprenta (manipulación)

-

1

1

IV.2

Vixilante

-

3

3

Total

3

27

30

ANEXO III

Oferta de consolidación de persoal indefinido non fixo por sentenza

Subgrupo/grupo

Escala/categoría

Prazas

A1

Escala técnica superior de administración

5

A2

Escala de xestión

1

C2

Escala auxiliar

2

I

Técnico superior de investigación

12

I

Técnico superior de xestión

2

III

Técnico especialista de investigación, especialidade bioloxía

2

III

Técnico especialista de investigación, especialidade saúde

2

III

Técnico especialista de investigación, especialidade química

1

III

Técnico especialista de tecnoloxías da información e das comunicacións

1

Total

28

ANEXO IV

Oferta de promoción interna independente

Subgrupo/grupo

Escala/categoría

Reserva persoas con discapacidade

Xeral

Total

A1

Escala técnica superior de administración

1

10

11

A1

Escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos, esp. bibliotecas

1

2

3

A1

Escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos, esp. arquivos

-

1

1

A2

Escala de xestión

3

47

50

C1

Escala administrativa

-

1

1

I

Técnico superior de investigación

-

9

9

I

Técnico superior de tecnoloxías da información e das comunicacións

-

8

8

II

Mestre especialidade educación infantil

-

1

1

II

Técnico grao medio investigación

-

2

2

II

Técnico xestor de tecnoloxías da información e das comunicacións

-

2

2

III

Técnico especialista de investigación, especialidade saúde

-

3

3

III

Técnico especialista en zonas verdes

-

1

1

III

Técnico instalacións, especialidade calefacción

-

1

1

III

Técnico de servizos xerais

4

26

30

Total

9

114

123