Unha vez convocado o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade terapia ocupacional, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, pola Orde da Consellería de Facenda do 4 de novembro de 2019, publicada no Diario Oficial de Galicia número 213, do 8 de novembro, e de conformidade co establecido nas bases da dita convocatoria, esta consellería
DISPÓN:
Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade terapia ocupacional, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, coa composición que se relaciona no anexo.
Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2020
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública
ANEXO
Corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade terapia ocupacional, da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2
– Tribunal titular:
Presidencia: Felipe García Calvo, persoal estatutario, enfermeiro
Secretaría: María Dolores Veiga Gondelle, persoal funcionario do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2
Vogais:
Margarita María Docanto Alonso, persoal funcionario, traballadora social do Concello de Cabana de Bergantiños
Jorge Fernández Barreiro, persoal estatutario, terapeuta ocupacional
Sonia Ortín Holgado, persoal funcionario do corpo de Mestres
– Tribunal suplente:
Presidencia: Julia Villaverde Nimo, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario
Secretaría: Luisa Fernanda Piñeiro Sanz, persoal funcionario de escalas técnicas de grao medio de organismos autónomos MOPU
Vogais:
Julieta Taboada Martínez, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario
Pablo Antonio Pia Castiñeira, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario
Miguel Cid Outeiriño, persoal funcionario, traballador social do Concello de Oza