Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 30 de setembro de 2020 Páx. 37964

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 16 de setembro de 2020, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, polo que se notifican as resolucións ditadas no expediente sancionador en materia de transportes terrestres LU-00703-O-2019 e sete máis.

O director xeral de Mobilidade ditou a resolución do expediente sancionador LU-00703-O-2019 e sete máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanselles as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Son informadas de que os expedientes sancionadores se encontran á súa disposición nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, situadas na praza de Europa, 5A, 2º, en Santiago de Compostela.

Comunicáselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada, ante a persoa titular da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

No caso de conformidade coa resolución sancionadora, a persoa interesada deberá aboar a multa imposta empregando o modelo impreso que se facilitará na Subdirección Xeral de Inspección do Transporte.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto na normativa vixente.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2020

Marta Vázquez Sanjurjo
Subdirectora xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

DNI/CIF da persoa sancionada

Infracción cometida

Data-hora-estrada-p.q.

Precepto

cualificador

Precepto

sancionador

Sanción

imposta

LU-00703-O-2019

LU-0941-W

33543800W

Exceso de peso igual ou superior ao 25 %.

1.4.2019; 18.45; LU-541; 543,8

Art. 140.23 LOTT Art. 197.26 ROTT

Art. 143.1.c) LOTT Art. 201.h) ROTT Art. 143.1 LOTT

2.001 euros

LU-00704-O-2019

LU-0941-W

33543800W

A desatención total ou parcial das instrucións ou requirimentos dos membros da inspección do transporte terrestre ou das forzas encargadas da vixilancia do transporte na estrada.

1.4.2019; 16.25; LU-541; 0,0

Art. 140.12 LOTT Art. 197.13 ROTT

Art. 143.1 LOTT Art. 201.i) ROTT

4.001 euros

PO-01070-I-2019

8094-FHG

36138292W

A desatención total ou parcial das instrucións ou requirimentos dos membros da inspección do transporte terrestre ou das forzas encargadas da vixilancia do transporte na estrada.

22.4.2019

Art. 140.12 LOTT Art. 197.13 ROTT

Art. 143.1 LOTT Art. 201.i) ROTT

4.001 euros

PO-01497-I-2019

0061-BRD

13051358P

A desatención total ou parcial das instrucións ou requirimentos dos membros da inspección do transporte terrestre ou das forzas encargadas da vixilancia do transporte na estrada.

31.5.2019

Art. 140.12 LOTT Art. 197.13 ROTT

Art. 143.1 LOTT Art. 201.i) ROTT

4.001 euros

PO-03325-O-2019

PO-5094-BS

76984064M

Exceso de peso igual ou superior ao 25 %.

2.4.2019; 12.00; AP9; 149,0

Art. 140.23 LOTT Art. 197.26 ROTT

Art. 143.1.c) LOTT Art. 201.h) ROTT

Art. 143.1 LOTT

2.001 euros

PO-03824-O-2019

8645-GCY

76986310C

Carecer do tacógrafo ou dalgún dos seus elementos.

3.5.2019; 19.56; PO-510; 0,8

Art. 140.20 LOTT Art. 197.21 ROTT

Art. 201.h) ROTT Art. 143.1 LOTT

2.001 euros

PO-03835-O-2019

PO-9970-AY

34274556W

Exceso de peso igual ou superior ao 25 %.

27.4.2019; 14.25; A-55; 15,0

Art. 140.23 LOTT Art. 197.26 ROTT

Art. 143.1.c) LOTT Art. 201.h) ROTT Art. 143.1 LOTT

2.001 euros

XC-01755-O-2019

3512-KKD

32648666M

A realización de servizos de taxi ou de arrendamento de vehículos con condutor carecendo dos preceptivos títulos habilitantes ou con estes suspendidos, anulados, caducados, revogados, sen ter realizado o visado obrigatorio ou por calquera outra causa ou circunstancia pola cal as referidas habilitacións expedidas para exercer a actividade xa non sexan válidas. No suposto de que a infracción consista na falta de visado obrigatorio e este se realizase con anterioridade á data de resolución do procedemento sancionador, a infracción terá a cualificación de leve.

27.4.2019; 15.19; FE-12; 1,0

Art. 60 Lei 4/2013

Art. 63 Lei 4/2013

2.001 euros