Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 30 de setembro de 2020 Páx. 37962

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ACORDO do 16 de setembro de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, de levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica, no concello de Ponteceso (expediente IN661A 2018/1-1).

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada parque eólico Corme, modificación substancial (repotenciación parque eólico Corme), no concello de Ponteceso (expediente IN661A 2018/1-1), por resolución da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, do 15 de maio de 2020, a favor da entidade beneficiaria EDP Renovables España, S.L.U., con enderezo na rúa Amio, 114, Parque Empresarial Costa Vella, 15707 Santiago de Compostela.

Esta xefatura territorial, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 do seu Regulamento, do 26 de abril de 1957, acorda sinalar os días 13 e 14 de outubro e 10, 11 e 12 de novembro de 2020 para o levantamento das actas previas á ocupación, en que se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se exporán xunto con esta resolución no taboleiro de edictos do concello de Ponteceso, deducida da que se publicou no DOG número 133, do 6.7.2020, acto a que deberán concorrer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios propostos como afectados, ás cales se lles practicará notificación individual sinalándolles a data e os horarios do levantamento efectivo das actas previas á ocupación nas oficinas da casa consistorial do dito concello, todo isto sen prexuízo da posibilidade de acudir ao terreo se nese acto as persoas interesadas ou quen as represente así o solicitan.

Cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidas ou se ignore o lugar de notificación, dirixiranse ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destas, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa. Neste caso, igualmente, publicarase un anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A Coruña, 16 de setembro de 2020

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña