Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 30 de setembro de 2020 Páx. 37960

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 93/2019).

Eu, Elena Pereira Bernárdez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 93/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de MC Mutual Cyclops (MC Mutual) contra Laura Suárez Rodríguez e INSS, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Decreto

Letrada da Administración de xustiza Marina Pilar García de Evan.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2020.

Parte dispositiva

Acordo:

a) Declarar a executada Laura Suárez Rodríguez en situación de insolvencia parcial por importe de 1.227,64 euros en concepto de principal, máis outros 130,99 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Unha vez que sexa firme a presente resolución, proceder á súa publicación no Diario Oficial de Galicia, para os efectos de publicidade da insolvencia da executada e proseguir a execución fronte ao INSS en concepto de responsable subsidiario.

c) Ao constar na conta de depósitos e consignacións deste xulgado a cantidade de 82,32 euros á conta do principal e non se ter expedido o mandamento de pagamento acordado, requirir á parte executante MC Mutual Cyclops (MC Mutual) para que, no prazo de tres días, achegue número de conta bancaria da súa titularidade, co fin de transferir a cantidade referida en concepto de principal.

Modo de impugnación. Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que deberá interpoñerse ante quen dita a resolución no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da notificación desta, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS).

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva para efectos publicitarios a declaración de insolvencia da executada, Laura Suárez Rodríguez, procédase á súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza