Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 30 de setembro de 2020 Páx. 37959

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO de notificación de decreto (ETX 40/2020).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de Xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 40/2020 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Joaquín Barreiro Tato, Ramiro López Durán, Manuel Cerdeira Campos contra a empresa Maderas Galifor, S.L., sobre ordinario, foi ditado con data do 7.9.2020 decreto de insolvencia impugnable en revisión no prazo de tres días, que se encontra ao seu dispor na sede do xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Maderas Galifor, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no DOG.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 8 de setembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza