Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 30 de setembro de 2020 Páx. 37987

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 16 de setembro de 2020, da Área Provincial de Turismo de Pontevedra, pola que se notifica a resolución de baixa da autorización turística e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase a Resolución do 3 de xaneiro de 2017, de baixa dos establecementos indicados no anexo, xa que, intentada a notificación, non se puido efectuar polos medios habituais.

Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderase interpor recurso potestativo de reposición, ante a Axencia Turismo de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Pontevedra, 16 de setembro de 2020

Felipe Ferrero González
Xefe da Área Provincial de Turismo de Pontevedra

ANEXO

Establecemento: Mini Bar.

Signatura: V-PO-003452.

Razón social: Manuel Castro Quintela.

Domicilio: avenida García Barbón, 116, local 2.

Concello: Vigo.

Establecemento: La Leyenda.

Signatura: V-PO-005873.

Razón social: Eva María Mangas Larrañaga.

Domicilio: rúa Venezuela, 84.

Concello: Vigo.

Establecemento: Simplicio.

Signatura: V-PO-007422.

Razón social: Vanesa Fernández Iglesias.

Domicilio: rúa Orotava, 6, bloque 2-3º F.

Concello: Ponteareas.