Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 30 de setembro de 2020 Páx. 37985

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 11 de setembro de 2020, do Servizo Provincial da Coruña, polo que se citan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente 50/2018-CO e un máis.

Este anuncio publícase despois de intentar sen éxito a notificación, en papel, a través do servizo de Correos, ou electronicamente, cando este último é o medio obrigatorio ou o elixido pola persoa interesada, de acordo co disposto nos artigos 41 e 42 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP), en relación co artigo 14 da mesma lei.

De conformidade co disposto no artigo 44 da LPACAP, o acto administrativo, que se indica no expediente de reclamación de danos e perdas ao dominio público viario autonómico (clave IFOO008B) (Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia; DOG nº 132, do 12 de xullo), notifícaselles ás persoas relacionadas no anexo.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, as ditas persoas interesadas, se desexan coñecer o contido íntegro do acto e examinar o resto da documentación, que se encontra no expediente, deberán comparecer:

– No prazo de dez (10) días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).

– Na sede deste servizo provincial, situada na rúa Vicente Ferrer, 2, 8º andar, ala norte, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Logo de transcorrer o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

O acto foi adoptado polo xefe do Servizo Provincial da AXI na Coruña.

A Coruña, 11 de setembro de 2020

Felipe de la Vega Gándaras
Xefe do Servizo Provincial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente

Persoa interesada/DNI/NIF/NIE

Acto notificado

Estrada

50/2018-CO

46908637E

Resolución

AC-552 A Coruña-Cee

134/2019-CO

47350582E

Resolución

AC-151 Campolongo-Montesalgueiro