Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 30 de setembro de 2020 Páx. 37983

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 17 de setembro de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-FE-0056/2020-PPM e once máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-FE-0056/2020-PPM e once máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na avenida Gerardo Harguindey Banet, 2, Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

O procedemento desenvolverase de conformidade co principio de acceso permanente. Para estes efectos, en calquera momento do procedemento as persoas interesadas teñen dereito a coñecer o seu estado de tramitación e a acceder e obter copias dos documentos contidos nel, de acordo co artigo 53.1.a) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Sen prexuízo do anterior, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días para presentaren cantas alegacións, documentos ou informacións consideren pertinentes e, se é o caso, propoñeren proba concretando os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

De non efectuaren alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo anteriormente citado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de conformidade co disposto no artigo 64.2.f) citado.

A Coruña, 17 de setembro de 2020

O xefe territorial da Coruña
P.A. (Resolución do 6.11.2019, da conselleira do Mar)
María José Cancelo Baquero
Xefa do Servizo de Recursos Mariños

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-FE-0056/2020-PPM

32681366E

Inicio

Rúa Camiño do Regueiro, 36, 4º esq., Neda

PSC-FE-0060/2020-PPM

32697492W

Inicio

Pazos, s/n, Ferrol

PSC-FE-0061/2020-PPM

32709971S

Inicio

Rúa Mestre López Dafonte, ptl. P, 3º esq., Ferrol

PSC-FE-0062/2020-PPM

32660545Q

Inicio

Rúa Mestre López Dafonte, cuart. 23, P. 7, 6º esq., Ferrol

PSC-FE-0077/2020-ORS

32719285Z

Inicio

Avda. de Galicia, 78, 2º esq., Mugardos

PSC-FE-0080/2020-PPM

32925618Z

Inicio

Rúa do Prado, 24, ptl. A, 4º esq., Ferrol

PSC-FE-0082/2020-PPM

32705936M

Inicio

Estrada de San Pedro, 24, 2º A, Ferrol

PSC-FE-0083/2020-PPM

32702733E

Inicio

Rúa do Prado, 24, ptl. A, Ferrol

PSC-FE-0084/2020-PPM

32663430A

Inicio

Rúa Méndez Núñez, 2, 1º dta., Narón

PSC-FE-0090/2020-PPM

32609033R

Inicio

Rúa Mugardos, 8, 1º dta., Ferrol

PSC-FE-0109/2020-PPM

32717585Q

Inicio

Rúa Moeche, 2, 3º I, Narón

PSC-FE-0111/2020-PPM

32738729T

Inicio

Rúa Alexandre Bóveda, 6, 1º E, Mugardos