Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 30 de setembro de 2020 Páx. 37979

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 2020 pola que se autoriza a transmisión mortis causa das concesións administrativas e das bateas Cuco II, Cuco III, Cuco IV e Cuco V.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión das bateas Cuco II, Cuco III, Cuco IV e Cuco V e das concesións administrativas que as amparan, resulta:

A) Antecedentes:

Primeiro. Mediante escrito do 9.1.2019 Mª Isabel Castro Vilas solicita autorización para transmisión mortis causa a favor dos seus fillos, das concesións administrativas e das bateas Cuco II, Cuco III, Cuco IV e Cuco V.

Segundo. A solicitante presenta a documentación requirida para a tramitación deste tipo de procedemento.

Terceiro. O informe da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica sobre a tramitación do expediente, é favorable.

B) Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG número 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG número 243, do 15 de decembro), e coa Orde do 8 de setembro de 2017 de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, nas direccións xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.

Segunda. O expediente seguiu todos os trámites establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administraciones públicas (BOE número 236, do 2 de outubro), coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións das bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 126, do 2 de xullo).

Vistas as disposicións citadas, esta consellería

RESOLVE:

Autorizar a transmisión mortis causa a favor de Mª Isabel Castro Vilas (***1996**), 50 % indiviso e outro 50 % indiviso a Mª Isabel Castro Vilas (***1996**), Esteban Urbano Caamaño Castro (9109**), Beatriz Caamaño Castro (***1486**), Maruxa Caamaño Castro (***1788**) e Cristina Caamaño Castro (***1788**) das concesións administrativas e das bateas que se indican a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Cuco II.

Situación: cuadrícula nº 1.

Polígono: B.

Distrito: Muros (A Coruña).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título administrativo habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 11.3.1964.

Remate da vixencia: 15.12.2029

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Cuco III.

Situación: cuadrícula nº 2.

Polígono: B.

Distrito: Muros (A Coruña).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título administrativo habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 11.3.1964.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Cuco IV.

Situación: cuadrícula nº 14.

Polígono: B.

Distrito: Muros (A Coruña).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título administrativo habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 11.3.1964.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Cuco V.

Situación: cuadrícula nº 15.

Polígono: B.

Distrito: Muros (A Coruña).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título administrativo habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 11.3.1964.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actuais titulares: Mª Isabel Castro Vilas (***1996**) e Pedro Caamaño Rama (***2680**).

Novos titulares: Mª Isabel Castro Vilas (***1996**), 50 % indiviso e outro 50 % indiviso a Mª Isabel Castro Vilas (***1996**), Esteban Urbano Caamaño Castro (9109**), Beatriz Caamaño Castro (***1486**), Maruxa Caamaño Castro (***1788**) e Cristina Caamaño Castro (***1788**).

Os novos titulares das concesións administrativas quedan subrogados nos dereitos e obrigas dos anteriores.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderáse interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Mar ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses contados en ambos os dous casos, desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 1 de setembro de 2020

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017)
O xefe territorial da Coruña
Por delegación de funcións (Resolución do 6.11.2019)
María José Cancelo Baquero
Xefa do Servizo de Recursos Mariños