Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 28 de setembro de 2020 Páx. 37486

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo

EDICTO (143/2018).

Eu, Anxo Gómez Santos, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, fago saber que no presente procedemento se pronunciou a Sentenza con data do 12.9.2019 que, no seu encabezamento e sentenza é do teor literal seguinte:

«Xulgado de Primeira Instancia número 4, Vigo.

Procedemento: xuízo ordinario 143/18.

Sentenza 180/19.

Vigo, 12 de setembro de 2019.

Vistos por min, Manuel Ángel Pereira Costas, maxistrado do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, os presentes autos de xuízo ordinario que co número 143/2018 se seguen por instancia de Edmundo Paz Cruz, representado pola procuradora María Jesús Toucedo Guisande e dirixido pola letrada Nuria Casal Domínguez, contra Jesús Gregorio Iglesias Marín, declarado en situación de rebeldía procesual, os cales teñen por obxecto unha pretensión de resarcimento de danos ocasionados no marco dun contrato de arrendamento.

Decido:

Estimo totalmente a demanda formulada por Edmundo Paz Cruz contra Jesús Gregorio Iglesias Marín, e fago, en consecuencia, os seguintes pronunciamentos:

1º. Condeno a Jesús Gregorio Iglesias Marín a pagar a Edmundo Paz Cruz a cantidade de 3.484,20 euros, a cal reportará o xuro legal dos cartos desde a data da reclamación xudicial.

2º. Condeno a Jesús Gregorio Iglesias Marín a aboar as custas procesuais.

Notifíquese esta sentenza ás partes, ás cales se lle fará saber que esta non é firme e que contra ela poderán interpoñer recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra no prazo de vinte días.

Así o acordo, mando e asino».

Que, en virtude do acordado nos autos de referencia, e de conformidade co disposto nos artigos 156.4 e 164 da LAC polo presente notifícase a Jesús Gregorio Iglesias Marín, baixo os apercibimentos contidos na devandita resolución.

Vigo, 11 de novembro de 2019

O letrado da Administración de xustiza