Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 28 de setembro de 2020 Páx. 37484

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO de notificación de resolución (RSU 5293/2019-MJC).

Tipo e nº de recurso: RSU recurso suplicación 5293/2019-MJC

Xulgado de orixe/autos: SSS Seguridade Social 323/2017 Xulgado do Social número 3 de Vigo

Recorrentes: Instituto Nacional da Seguridade Social

Avogado/a: letrado/a da Seguridade Social

Recorridos: Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Ibermutua Mutua Colaboradora coa SS nº 274 (Fusión Mutua Galega Ibermutuamur, José Julio Muradas Vázquez, Alvarado Frío Distribuciones, S.L.

Avogado: letrado da Tesouraría da Seguridade Social, Luis Esteban Leyenda Martínez

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento do recurso de suplicación 5293/2019 desta sección, seguido por instancia do Instituto Nacional da Seguridade Social contra a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Ibermutua Mutua Colaboradora coa SS nº 274 (Fusión Mutua Gallega Ibermutuamur, José Julio Muradas Vázquez, Alvarado Frío Distribuciones, S.L. sobre accidente, foi ditada a seguinte resolución:

«Aclarar a nosa sentenza do 22 de xullo de 2020 ditada no recurso de suplicación nº 5293/2019, no sentido de substituír no seu fundamento de dereito terceiro os termos “…coa consecuente distribución da responsabilidade na nova pensión que, fixada en instancia (75 %, INSS; 25 %, MG)…” por con “…a consecuente distribución da responsabilidade na nova pensión que, fixada en instancia (75 %, MG; 25 %, INSS)…”,

Acordo incorporar esta resolución ao libro de sentenzas e levar testemuño aos autos principais.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra este auto non cabe interpor recurso ningún distinto ao que cabería, se for o caso, contra a resolución aclarada.

Así o acordan, mandan e asinan, por este auto, os magistrados/as anotados á marxe. Dou fe. A letrada da Administración de xustiza».

E para que así conste para efectos de publicación no DOG, a fin de que sirva de notificación en forma a José Julio Muradas Vázquez e á empresa Alvarado frío Distribuciones, S.L., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán nestas dependencias, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 7 de setembro de 2020

A letrada da Administraciónde xustiza