Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Xoves, 24 de setembro de 2020 Páx. 37197

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 86/2020).

Eu, Belén Menéndez Medel, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 86/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Diana Pousada Estévez contra Fun Kitchen, S.L. e Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre despedimento, se ditaron as seguintes resolucións cuxa parte dispositiva é:

Auto

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2020.

Parte dispositiva

Dispoño despachar orde xeral de execución do título indicado a favor da executante, Diana Pousada Estévez, contra Fun Kitchen, S.L. e Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), parte executada.

De conformidade co disposto no artigo 280 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS), e conforme o solicitado na demanda executiva, a letrada da Administración de xustiza sinalará a data para vista do incidente.

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións tentadas neles sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición, que se interporá no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da/das infracción/s cometida/s na resolución, cumprimento ou incumprimento de presupostos e requisitos procesuais exixidos e/ou oposición á execución despachada nos termos previstos no artigo 239.4 da Lei reguladora da xurisdición social, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A xuíza. A letrada da Administración de xustiza.

Dilixencia de ordenación

Letrada da Administración de xustiza: Belén Menéndez Medel

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2020.

Presentado pola traballadora Diana Pousada Estévez en que exixe o cumprimento por parte do empresario Fun Kitchen, S.L. da obrigación de readmisión, e despachado Auto de execución da Sentenza nº 457/2019, do 19 de setembro de 2020, ditada no procedemento DOI 403/2019, de conformidade co artigo 280 da LXS, acordo:

Citar de comparecencia as partes e o Fondo de Garantía Salarial coas advertencias legais e facéndolles saber que deben asistir cos medios de proba de que tenten valerse, e fixo o vindeiro día 19 de outubro de 2020, ás 13.50 horas, na sala de audiencias nº 1 deste xulgado, sita na rúa Berlín, s/n; polígono das Fontiñas, para a celebración da comparecencia.

De non asistir o/os traballador/es ou persoa que o/s represente, consideraranse desistidos da súa solicitude; se non o fai o empresario ou o seu representante, terá lugar o acto sen a súa presenza.

Así mesmo, acordo a citación da demandada por medio de edictos.

Sirva de citación a notificación desta resolución ás partes comparecidas.

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións tentadas neles sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición que se interporá ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción contida nela ao xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza

Para que sirva de notificación en legal forma a Fun Kitchen, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza