Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Martes, 22 de setembro de 2020 Páx. 36955

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (DSP 23/2020).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 23/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Álvaro Pereira Morales contra Durcal Ocio y Comercio, S.L. e o Fogasa sobre despedimento, foi ditada a resolución cuxa parte dispositiva literalmente di:

«Que, considerando parcialmente a demanda interposta por Álvaro Pereira Morales contra Durcal Ocio y Comercio, S.L., efectúo os pronunciamentos seguintes:

1. Debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento do demandante efectuado pola mercantil demandada con efectos do 3 de decembro de 2019, e debo condenar e condeno Durcal Ocio y Comercio, S.L. a que opte entre readmitir inmediatamente o traballador demandante nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, con aboamento dos salarios deixados de percibir desde a data efectiva do despedimento ata a notificación desta sentenza a razón de 54,40 euros diarios, ou ben, á escolla do empresario, á extinción da relación laboral, con aboamento ao demandante dunha indemnización de 1.498,76 euros por despedimento improcedente; e absolvo a demandada das demais peticións deducidas en contra delas.

O empresario deberá exercer a opción entre a readmisión do traballador e a indemnización por despedimento improcedente no prazo de cinco (5) días contados a partir da notificación da presente sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o devandito termo sen que o empresario tiver optado, entenderase que procede a readmisión.

2. No que atinxe á responsabilidade do Fogasa, non ha lugar á súa condena nesta instancia e observarase o que resulte da aplicación do artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes a presente resolución facéndolles saber que contra ela poderán interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

Notifíquese ás partes facéndolles saber que en aplicación do mandado contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se for o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles tentadas sen efecto serán válidas en canto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou semellantes, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Durcal Ocio y Comercio, S.L., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios do xulgado.

Santiago de Compostela, 28 de agosto de 2020

A letrada da Administración de xustiza