Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Martes, 22 de setembro de 2020 Páx. 36957

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 137/2019).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 137/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Raquel López contra Perfume VIP, S.L., Fogasa sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución:

Auto

Maxistrada-xuíza, Paula Méndez Domínguez

En Santiago de Compostela, 31 de agosto de 2020

Parte dispositiva

Declaro extinguida a data da presente resolución a relación laboral que unía a Raquel López Andrade con Perfume Vip, S.L. e condeno a Perfume VIP, S.L. a aboarlle a Raquel López Andrade a suma de 2.860,16 euros en concepto de indemnización pola extinción da relación laboral e a suma de 17.742,20 euros en concepto de salarios de tramitación.

Notifíquese ás partes e ao Fogasa a presente resolución e fágaselles saber que contra esta poden interpoñer recurso de reposición no prazo de tres días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

Así o acorda, manda e asina, Paula Méndez Domínguez, maxistrada titular do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela.

Dilixencia. Seguidamente cúmprese o ordenado. Dou fe.

A xuíza

A letrada da Administración de xustiza

E para que sirva de notificación en legal forma a Perfume Vip, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 31 de agosto de 2020

A letrada da Administración de xustiza