Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Martes, 15 de setembro de 2020 Páx. 36090

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO de citación (DSP 261/2020).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 261/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Antonio Cancelo López contra Fermín Group Iberica, S.L., Colaper Personal, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial sobre despedimento, foi ditada a seguinte resolución:

«Acordo:

– Admitir a demanda presentada.

– Citar as partes para que comparezan o día 2.12.2020 ás 11.10 horas na secretaría deste xulgado ao acto de conciliación ante a letrada da Administración de xustiza e, en caso de non avinza, o día 2.12.2020, ás 11.15 horas, na planta baixa, sala de vistas, edificio Xulgados ao acto de xuízo.

– Advírtase ás partes que, en caso de non compareceren nin alegaren xusta causa que motive a suspensión dos actos de conciliación ou xuízo, o demandante non comparecido será tido por desistido da súa demanda e a incomparecencia do demandado non impedirá a celebración dos actos de conciliación e xuízo, co cal o procedemento continuará sen necesidade de declarar a súa rebeldía.

– Respecto aos outrosís solicitados para os efectos previstos no artigo 81.4 da LXS, paso a dar conta ao xuíz.

Ao outrosí, tense por anunciado o propósito de comparecer asistido/a representado/a de avogado/a ou graduado social para os efectos do artigo 21.2 da LXS, e por designado domicilio para os efectos de comunicacións, artigo 53 da LXS.

– Antes da notificación desta resolución ás partes, paso a dar conta a SSª da sinalización efectuada.

– Dado o aforamento das salas vistas e a necesidade de que cada órgano xudicial ordene o acceso ao público de conformidade co disposto no artigo 20 do Real decreto lexislativo 16/2020, do 28 de abril, de medidas procesuais e organizativas para facer fronte ao COVID-19 no ámbito da Administración de xustiza e acordo gobernativo do 20.5.2020, a fin de favorecer e facilitar o cumprimento desta medida de prevención e seguranza recoméndase aos profesionais que comuniquen ao xulgado con antelación razoable o número de testemuñas e/ou peritos de que se tenten valer, en caso de que sexa a súa intención propolos no acto de xuízo, con indicación dos seus datos de identidade para favorecer o control de acceso e saída por parte do servizo de vixilancia.

Notifíquese ás partes facéndolles saber que en aplicación do mandado contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se for o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles tentadas sen efecto serán válidas en canto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou semellantes, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición que se interporá ante quen dita esta resolución, no prazo dos tres (3) días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción que contén a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Fermín Group Iberica, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no boletín oficial correspondente.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 25 de agosto de 2020

A letrada da Administración de xustiza