Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Luns, 14 de setembro de 2020 Páx. 35972

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO (SSS 349/2019).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza en substitución regulamentaria do Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento sobre seguridade social 349/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ángela María Vázquez Fernández contra o INSS e Servicios Inmobiliarios Jalsy Mar, S.L., sobre seguridade social, acordouse, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da Lei reguladora da xurisdición social citar o representante legal de Servicios Inmobiliarios Jalsy Mar, S.L. co fin de que compareza o día 21 de outubro de 2020, ás 9.20 horas, para o acto de identificación de partes e ás 9.30 horas para o acto de xuízo, na planta baixa, sala 3, no edificio da rúa Berlín, para a celebración dos actos de identificación de partes, e ás 9.30 horas para o acto de xuízo.

Poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e de que os devanditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírteselles aos destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistida de avogado ou representada tecnicamente por graduado social colexiado, ou representada por procurador, poñerá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous (2) días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida estar este representado tecnicamente por graduado social colexiado ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

Comunícase ás demandadas que está á súa disposición na oficina xudicial deste xulgado copia da demanda e documentos adxuntos, así como as actuacións para a súa consulta.

Para que sirva de citación ao representante legal de Servicios Inmobiliarios Jalsy Mar, S.L., expídese o presente edicto para a súa inserción e publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 21 de agosto de 2020

A letrada da Administración de xustiza