Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Luns, 14 de setembro de 2020 Páx. 35974

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 24 de agosto de 2020, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción a instalacións eléctricas no concello da Teixeira (expediente IN407A 2020/034-3).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e da autorización administrativa de construción das instalacións eléctricas que a seguir se describen, tal e como se recollen no proxecto asinado polo enxeñeiro técnico industrial Antonio J. Sabín Vázquez, colexiado nº 2233 do Coeticor, en Ourense, o día 22.5.2018, e asinado electronicamente o 25.5.2020.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.; CIF: A63222533.

Domicilio social: A Batundeira, nº 2, Velle, 32960 Ourense.

Denominación: ampliación de potencia CT Cristosende (expediente 1277-AT).

Situación: concello da Teixeira (Ourense).

Orzamento: 9.896,38 €.

Características técnicas: ampliación de potencia do CT aéreo-intemperie existente en Cristosende (32AE48), coordenadas UTM: X:624456, Y:4693586, que pasa de 100 a 160 kVA e R/T: 20.000/400 V. Reforma da actual rede de baixa tensión; coa instalación de nova RBT aerosoterrada (65 m+8 m), en condutores tipo RZ 3x150 Al e XZ1 1x50 Al respectivamente, ata a CPM de novo abonado.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e os regulamentarios previstos no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais, esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción ás ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis (6) meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se considere pertinente.

Ourense, 24 de agosto de 2020

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense