Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que na execución seguida neste xulgado co número 272/2018, por instancia de Ver_PDF, contra o executado Alejandro Ignacio Fraga Freire, sobre despedimento, se ditou o día 24.8.2020 decreto de insolvencia no sentido de declarar o executado en situación de insolvencia parcial, por importe de 1.601,82 euros de principal, máis 160,27 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional. E de conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido o presente edicto para a súa inserción no boletín ao seu cargo.
Santiago de Compostela, 24 de agosto de 2020
A letrada da Administración de xustiza