Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Mércores, 9 de setembro de 2020 Páx. 35504

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Escola Galega de Administración Pública

ANUNCIO do 2 de setembro de 2020 polo que se fai pública a resolución da Dirección da Escola Galega de Administración Pública de adxudicación das subvencións destinadas ao financiamento de plans de formación das entidades locais (código de procedemento PR780A).

Mediante Resolución da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) do 8 de maio de 2020 (DOG núm. 96, do 19 de maio) aprobáronse as bases reguladoras e convocáronse subvencións, en réxime de concorrencia competitiva e en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas ao financiamento de plans de formación das entidades locais de Galicia no ano 2020, no marco do Acordo de formación para o emprego das administracións públicas.

En cumprimento do establecido na base 14ª da convocatoria, a Comisión Paritaria de Formación Local da Comunidade Autónoma de Galicia emitiu informe sobre os plans de formación presentados, resultando aprobados todos aqueles que cumprían cos requisitos da convocatoria.

Pola súa banda, en cumprimento do establecido na base 13ª da dita convocatoria, requiriuse a todas as entidades cuxos plans foron aprobados por un importe inferior ao solicitado a adaptación dos ditos plans ás cantidades propostas e consta no expediente que todas as entidades requiridas achegaron as súas respectivas adaptacións, que contan, ademais, coa conformidade da Comisión de Valoración.

De acordo co exposto e coa obriga de publicidade recollida na base décimo sexta da antedita Resolución do 8 de maio de 2020, faise pública a Resolución da directora da EGAP do 2 de setembro de adxudicación das subvencións destinadas ao financiamento de plans de formación das entidades locais que literalmente di:

«Sobre a base dos anteriores antecedentes e consideracións legais e técnicas e na Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas e a normativa vixente en materia de subvencións,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder as axudas económicas para o financiamento dos plans de formación das entidades que se reflicten no anexo, con indicación das entidades beneficiarias e o importe da axuda. O gasto orixinado polas ditas subvencións impútase ás seguintes aplicacións orzamentarias:

1º. 05.80.122B.460.1 para as subvencións de plans unitarios e plans agrupados.

2º. 05.80.122B.481.0 para a subvención do plan interadministrativo.

Segundo. Informar ás adxudicatarias de subvencións con importe non superior a 18.000 euros que, de acordo co disposto pola base 21ª, poderanse realizar pagamentos anticipados por importe ata o 80 % da subvención outorgada, que suporán entregas de fondos con carácter previo á xustificación, como financiamento necesario para poder levar a cabo as actuacións inherentes á subvención. As entidades beneficiadas deberán xustificar o pagamento que da lugar a subvención de acordo co previsto na base 23ª da convocatoria.

Terceiro. Advertir ás entidades beneficiarias do seguinte:

1. Só serán subvencionables os gastos que se realicen entre o 1 de xaneiro e o 15 de novembro de 2020 e que se atopen efectivamente pagados o 3 de decembro de 2020, data de finalización do período de xustificación.

A partir do momento da adxudicación das subvencións, as entidades beneficiarias poderán modificar os seus plans de formación, debendo realizalo mediante solicitude que se dirixirá á EGAP antes do 15 de outubro de 2020, unicamente no caso daquelas modificacións que se consideren substanciais.

2. A xustificación realizarase mediante a achega á EGAP da correspondente conta xustificativa na forma que se determina na convocatoria na súa base 23ª.

3. De acordo co establecido no artigo 45 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, se transcorrido o prazo de xustificación a beneficiaria non presenta a documentación xustificativa, a EGAP requiriraa para que no prazo improrrogable de dez (10) días, sexa presentada, con apercibimento de que a falta de presentación dará lugar perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, á exixencia de reintegro e ás demais responsabilidades establecidas na lei de subvencións de Galicia.

4. As beneficiarias deberán incorporar de forma visible no material de difusión das actividades formativas subvencionadas o seu financiamento público.

Cuarto. Denegar a concesión da axuda ao Concello de Cangas por non superar o seu plan de formación o limiar de 35 puntos fixado na base 15ª da convocatoria.

Quinto. Ordenar que se notifique esta resolución de concesión mediante o Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal despoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), coa advertencia de que unha vez transcorridos dez (10) días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido entenderase rexeitada».

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer con carácter potestativo, recurso de reposición ante a directora da EGAP, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da notificación da resolución nos termos dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente, recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución, de conformidade co establecido nos artigos 8.2.a), 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2020

A directora da Escola Galega de Administración Pública
P.D. (Resolución do 17.12.2007; DOG núm. 3, do 2.1.2008)
Sergio Domingo Baamonde Boquete
Secretario xeral da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I

Plans aprobados

Plan unitario

Nº expediente

Beneficiario

Orzamento solicitado

Importe da axuda concedida

6

Concello de Vigo

60.378,60 €

16.530,14 €

4

Concello de Pontevedra

26.792,50 €

5.870,63 €

8

Concello da Coruña

163.555 €

18.073,76 €

Plan agrupado

Nº expediente

Beneficiario

Orzamento solicitado

Importe da axuda concedida

2

Deputación Provincial de Lugo

79.585 €

52.884,30 €

5

Deputación Provincial da Coruña

293.146 €

103.422,77 €

7

Deputación Provincial de Ourense

276.449,90 €

58.280,90 €

3

Deputación Provincial de Pontevedra

112.410€ €

75.479,54 €

Plan interadministrativo

Nº expediente

Beneficiaria

Orzamento solicitado

Importe da axuda concedida

1

Federación Galega de Municipios e Provincias

73.301,45 €

73.301,45 €

ANEXO II

Plans non aprobados

Concello de Cangas

-

-