En aplicación do disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia (última redacción pola Lei 9/2017, de medidas fiscales e administrativas), procedemos á publicación da referencia do expediente e das referencias catastrais de dúas parcelas en situación de risco de incendio, unha delas en investigación e outra da que coñecemos ao titular catastral pero non o seu enderezo postal, co fin de poder continuar co procedemento previsto na normativa, para garantir a protección de vivendas e núcleos habitados, fronte a incendios forestais, advertindo expresamente de execución subsidiaria por parte do concello, dacordo co disposto no artigo 22.4 da Lei 3/2007.
O texto íntegro da orde de execución atópase á disposición dos interesados no Servizo de Urbanismo do Concello de Oia.
Expediente |
Polígono-parcela-lugar |
Interesado |
Referencia catastral |
GEST 1225/2020 (URB 24/2020) |
21-1164-Capela San Sebastián, Santa María de Oia. |
En investigación |
36036A021011640000QR |
GEST 1225/2020 (URB 24/2020) |
21-1168-Capela San Sebastián, Santa María de Oia. |
Jose Alvarez Crespo (Enderezo descoñecido |
36036A021011680000QJ |
En todo caso, o cómputo dos prazos comezará a contar a partir do día seguinte ao da correspondente notificación, que neste caso coincidirá coa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Oia, 19 de agosto de 2020
Cristina Correa Pombal
Alcaldesa