Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Mércores, 9 de setembro de 2020 Páx. 35509

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oia

EDICTO sobre a orde de execución de limpeza de predios, ditada ao abeiro do artigo 22 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia (expediente Xestiona 402/2020).

En aplicación do disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia (última redacción dada pola Lei 9/2017, de medidas fiscais e administrativas), procedemos á publicación da referencia do expediente e da referencia catastral dunha parcela en situación de risco de incendio, da que consta a identidade do titular, Coufane, C.B., pero non resulta posible notificarlle a orde, ao viren devolta as dúas notificacións intentadas polo servizo de Correos como infrutuosas, co fin de poder continuar co procedemento previsto na normativa, para garantir a protección de vivendas e núcleos habitados fronte a incendios forestais; advírtese expresamente da execución subsidiaria por parte do Concello, de acordo co disposto no artigo 22.4 da Lei 3/2007.

O texto íntegro da orde de execución atópase á disposición dos interesados no Servizo de Urbanismo do Concello de Oia.

Expediente

Polígono-parcela-lugar

Interesado/a

Referencia catastral

Xestiona 402/2020, actuación de oficio, parcela 2, polígono 13,

O Serrallo

13-2-O; Serrallo; Viladesuso

Coufane, C.B. (dúas notificacións infrutuosas)

36036A013000020000QU

En todo caso, o cómputo dos prazos comezará a contar a partir do día seguinte ao da correspondente notificación, que neste caso coincidirá coa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Oia, 19 de agosto de 2020

Cristina Correa Pombal
Alcaldesa