Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Mércores, 9 de setembro de 2020 Páx. 35510

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Outeiro de Rei

ANUNCIO da modificación puntual do Plan parcial SUB-SI-Santa Isabel: modificación da ordenanza residencial.

Aprobado inicialmente mediante decreto da Alcaldía a modificación puntual do Plan parcial SUB-SI-Santa Isabel: modificación da ordenanza residencial, en cumprimento do establecido no artigo 75 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, e no artigo 185 do Decreto 143/2016 polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, exponse ao público polo prazo de dous (2) meses, a partir da publicación no Diario Oficial de Galicia, durante o cal se poderá consultar o expediente completo nas oficinas municipais, das 10.00 ás 15.00 horas, e na páxina web do Concello https://outeiroderei.sedelectronica.gal a través do Portal de transparencia no número 7. Urbanismo, Obras Públicas e Medio Ambiente e, dentro deste, no número 7.1. Planeamiento Urbanístico, ou directamente introducindo no buscador o seguinte enderezo web: https://outeiroderei.sedelectronica.gal/transparency/e5eec911-4412-4680-a6a2-6a16b567d0f4/ e facer as alegacións que considere oportunas.

Outeiro de Rei, 18 de agosto de 2020

José Pardo Lombao
Alcalde