Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Mércores, 9 de setembro de 2020 Páx. 35432

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

ORDE do 31 de agosto de 2020 pola que se modifica a autorización do centro privado EFAG A Cancela das Neves.

O representante da titularidade da escola familiar agraria (EFAG) A Cancela, das Neves (Pontevedra), solicita autorización para impartir o ciclo formativo de grao medio (CM) Coidados Auxiliares de Enfermaría e o ciclo de grao superior (CS) Educación Infantil.

Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Modificación da autorización

Autorízase o ciclo formativo de grao medio (CM) Coidados Auxiliares de Enfermaría e o ciclo de grao superior (CS) Educación Infantil, no centro cuxos datos se sinalan a seguir:

Denominación xenérica: centro privado (CPR).

Denominación específica: EFAG A Cancela.

Código do centro: 36005671.

Enderezo: Tortoreos, s/n.

Localidade: As Neves (Santa María).

Código postal: 36449.

Concello: As Neves.

Provincia: Pontevedra.

Titular: Asociación EFA A Cancela.

Composición resultante:

• 1 CM Xestión Administrativa (2 unidades 20 alumnos/as cada unha).

• 1 CM Panadaría, Repostaría e Confeitaría (2 unidades 30 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Administración e Finanzas (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• 1 CM Coidados Auxiliares de Enfermaría (1 unidade para 20 alumnos/as).

• 1 CS Educación Infantil (2 unidades de 30 alumnos/as cada unha).

Artigo 2. Inicio da actividade

Para a posta en funcionamento da unidade que se autoriza, a Xefatura Territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional de Pontevedra, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia, así como o equipamento axeitado.

Artigo 3. Inscrición no Rexistro de Centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 4. Modificación da autorización

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous (2) meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 31 de agosto de 2020

Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional