Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Mércores, 9 de setembro de 2020 Páx. 35434

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

ORDE do 31 de agosto de 2020 pola que se modifica a autorización do centro privado plurilingüe Padre Míguez de Vigo.

O representante da titularidade do CPR Plurilingüe Padre Míguez, de Vigo solicita autorización para impartir o ciclo formativo de Formación Profesional Básica (FPB) Informática e comunicacións e o ciclo formativo de grao superior (CS) Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma.

Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Modificación da autorización

Autorízase o ciclo formativo de Formación Profesional Básica (FPB) Informática e comunicacións e o ciclo formativo de grao superior (CS) Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma, no centro cuxos datos se sinalan a seguir:

Denominación xenérica: Centro privado (CPR) Plurilingüe.

Denominación específica: Padre Míguez.

Código do centro: 36011221.

Enderezo: rúa Montecelo, 1 Teis.

Localidade: Vigo.

Código postal: 36207.

Concello: Vigo.

Provincia: Pontevedra.

Titular: Fillas Divina Pastora Calasancias.

– Composición resultante:

* Educación infantil (2º ciclo): 6 unidades.

* Educación Primaria: 12 unidades.

* Educación Secundaria Obrigatoria: 8 unidades.

* FPB Informática e comunicacións (2 unidades de 20 alumnos/as cada unha).

* 1 CS Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma (2 unidades de 20 alumnos/as cada unha).

Artigo 2. Inicio da actividade

Para a posta en funcionamento da unidade que se autoriza, a Xefatura Territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional de Pontevedra, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia, así como o equipamento axeitado.

Artigo 3. Inscrición no Rexistro de Centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 4. Modificación da autorización

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teñan que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas , ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous (2) meses desde a mesma data, ante a sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 31 de agosto de 2020

Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional