Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Luns, 7 de setembro de 2020 Páx. 35280

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 15/2020).

Eu, Belén Menéndez Medel, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 15/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Martín Manuel Medina Castro contra Óscar Pérez López, S.L. sobre despedimento, se ditou auto de despacho de execución con data do 13.8.2020 pola cantidade de 10.437,64 euros en concepto de principal (955,81 euros de indemnización máis 9.481,83 euros de cantidades debidas en concepto de salarios debidos), máis outros 1.043,76 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan percibir durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación. Contra este auto poderá interpoñerse recurso de reposición, que se interpoñerá perante este órgano xudicial, no prazo dos tres (3) días hábiles seguintes ao da súa notificación, no que ademais de alegar as posibles infraccións en que houbese de incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que tiveren acaecido con posterioridade á súa constitución do título, non sendo a compensación de débedas admisible como causa de oposición á execución.

Así mesmo, ditouse decreto con data do 13.8.2020 no que se acorda requirir a Óscar Pérez López, S.L., co fin de que no prazo de dez (10) días, manifeste relacionadamente bens e dereitos abondo para cubrir a contía da execución, con expresión, se é o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non o verificar, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderán impoñérselle tamén multas coercitivas periódicas. Acordouse o embargo de bens. Contra este decreto cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres (3) días hábiles seguintes ao da notificación.

E para que sirva de notificación e requirimento en legal forma á empresa Óscar Pérez López, S.L., en ignorado paradoiro, estando as resolucións e demanda executiva á súa disposición na oficina xudicial deste xulgado, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

Santiago de Compostela, 13 de agosto de 2020

A letrada da Administración de xustiza