Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Luns, 7 de setembro de 2020 Páx. 35282

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 18 de agosto de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se dá publicidade á resolución pola que se outorga a autorización ambiental integrada á Sociedad Cooperativa Unimiño, S.C.G. para unha explotación porcina para 5.984 prazas de ceba en Monte Lodoso, no concello de Friol (expediente 2017-IPPC-90-335).

De conformidade co disposto no artigo 24.3 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáse publicidade á seguinte resolución:

Proxecto: explotación porcina para 5.984 prazas de ceba en Monte Lodoso

Procedemento: autorización ambiental integrada e avaliación de impacto ambiental

Titular: Sociedad Cooperativa Unimiño, S.C.G.

Expediente: 2017-IPPC-I-90

Localización: Friol (Lugo)

Esta resolución poderá consultarse na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda https://cmatv.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou presencialmente na Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 18 de agosto de 2020

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático