Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Xoves, 3 de setembro de 2020 Páx. 35051

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 369/2018).

Eu, Belén Menéndez Medel, letrada da Administración de Xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 369/2018 deste xulgado do social, se ditou a seguinte resolución:

Sentenza

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2020

Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co nº 369/2018, sendo partes nestes, como demandante/s, Rosa Baleirón Pérez, asistida polo letrado Sr. Blanco Pérez, e, como demandado/s, Bello Gómez, S.C., Javier Bello Staut, asistido pola letrada Sra. Belver Fernández e Santiago Gómez Baleirón, asistido pola letrada Sra. Leis Puñal, pronunciou esta sentenza, en nome de S.M. o rei, con base no seguinte

Parte resolutiva

Estímase a demanda interposta por Rosa Baleirón Pérez fronte a Bello Gómez, S.C., Javier Bello Staut, e Santiago Gómez Baleirón e condénase solidariamente os demandados a aboar a demandante a cantidade de 13.055,24 euros por salarios impagados de febreiro a novembro 2017, co 10 % de interese por mora, desde a data de presentación da papeleta de conciliación; máis 878,13 euros de indemnización por cesamento, co interese legal desde a data de presentación da papeleta de conciliación.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Modo de impugnación: advírtese ás partes que contra esta sentenza pode interpoñerse recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándoo por comparecencia ou por escrito neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á súa notificación e designando letrado ou graduado social colexiado para a súa tramitación. Advírtese ao recorrente que non fose traballador, habente-causa seu ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, nin gozase do dereito de asistencia xurídica gratuíta que deberá acreditar ao tempo de interpoñelo ter ingresado o importe de 300 euros na conta ES55 0049 3569 9200 0500 1274 con n.º 5076-0000-65- seguido do número de procedemento (catro díxitos) e o ano (dous díxitos), concepto “Recursos” do Banco de Santander achegando o xustificante acreditativo. Se a sentenza impugnada condenou ao pagamento dunha cantidade, tamén se debe acreditar ter consignado a devandita cantidade na referida conta, no momento do anuncio, salvo polo beneficiario de xustiza gratuíta. Esta consignación en metálico pode substituírse polo aseguramento mediante aval bancario solidario e pagadoiro a primeiro requirimento emitido por unha entidade de crédito. Se o recorrente é entidade xestora e foi condenada ao aboamento dunha prestación de Seguridade Social de pagamento periódico, ao anunciar o recurso deberá acompañar certificación acreditativa de que comeza o aboamento desta e que o proseguirá puntualmente mentres dure a súa tramitación. Se o recorrente for unha empresa ou mutua patronal que tiver sido condenada ao pagamento dunha pensión de Seguridade Social de carácter periódico deberá ingresar o importe do capital custo na Tesouraría Xeral da Seguridade Social previa determinación por esta do seu importe unha vez que lle sexa comunicada polo xulgado.

A difusión do texto desta resolución a partes non interesadas no proceso en que foi ditada só poderá levarse a cabo logo de disociación dos datos de carácter persoal que contivesen e con pleno respecto ao dereito á intimidade, aos dereitos das persoas que requiran un especial deber de tutelar ou á garantía do anonimato das vítimas ou prexuízo, cando proceda. Os datos persoais incluídos nesta resolución non poderán ser cedidos, nin comunicados con fins contrarios ás leis.

A anterior resolución entregarase á Sra. letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Así o acorda, manda e asina Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

Publicación: lida e publicada foi a presente sentenza pola maxistrada que a ditou no mesmo día da súa data, estando a celebrar audiencia pública. Dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Bello Gómez, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 13 de agosto de 2020

A letrada da Administración de xustiza