Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Xoves, 3 de setembro de 2020 Páx. 35050

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 60/2020).

Eu, Belén Menéndez Medel, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que na execución seguida neste xulgado co número 60/2020, por instancia de Ricardo de Jesús Jiménez Inoa, contra o executado Juan Liste Brañas, sobre reclamación de cantidade, ditouse o día 11 de agosto de 2020 decreto de insolvencia no sentido de declarar o executado en situación de insolvencia total por importe de 3.288,75 euros en concepto de principal, máis 663,16 euros en concepto de xuros de demora do artigo 29.3 do ET, máis 395,19 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional. E de conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido o presente para a súa inserción no boletín ao seu cargo.

Santiago de Compostela, 12 de agosto de 2020

A letrada da Administración de xustiza