Eu, Eva Ortiz Suárez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 27/2020 deste xulgado do social, sobre despedimento, se ditou con data de hoxe sentenza, contra a que se pode interpoñer o oportuno recurso de suplicación no prazo de cinco (5) días. Faise saber aos interesados que poderán ter coñecemento íntegro das devanditas resolucións na secretaría deste órgano xudicial.
E para que sirva de notificación en legal forma a Eironor Galicia, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
A Coruña, 13 de agosto de 2020
A letrada da Administración de xustiza