Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Xoves, 27 de agosto de 2020 Páx. 34162

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Monterroso

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa.

Ao non ser posible a práctica da comunicación a que se refire o número 2 do artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, aos titulares das parcelas que se relacionan a continuación, por causas non imputables a esta administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a comunicación de xestión de biomasa.

Expediente

Titular

Referencia catastral

Localización

334/2020

Samuel García Otero

001101300NH94B0001HO

Cumbraos

334/2020

José Núñez Cabana

27032A07200394000PM

Cumbraos

De conformidade co establecido no artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, os titulares das parcelas detalladas dispoñen dun prazo máximo de quince (15) días naturais para procederen á xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas.

Monterroso, 12 de agosto de 2020

Rocío Seijas Vázquez
Alcaldesa