Na Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Terceira, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia tramítase o recurso 7239/2020 (procedemento ordinario) de Sindicato Médicos de Galicia Independientes (O’MEGA), interposto contra a Instrución 14/2020, da Xerencia do Servizo Galego de Saúde, sobre reprogramación funcional preventiva da actividade asistencial.
O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte no citado tribunal, no prazo de nove (9) días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 11 de agosto de 2020
Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos