Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Mércores, 26 de agosto de 2020 Páx. 33885

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Lalín

EDICTO (294/2018).

Eu, María del Pilar Pazos González, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Lalín, fago saber que no presente procedemento ordinario 294/2018, seguido por instancia de Alberto Otero Rio e Sabina Abeledo Méijome fronte a Promociones MSP 2004, S.L. e Caixabank, S.A., se ditou sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza: 73/2020.

Lalín, 15 de abril de 2020.

Xuíz: Gonzalo Sans Besada.

Demandantes: Alberto Otero Ríos e Sabina Abeledo Méijome.

– Procuradora: María del Carmen Fernández Ramos.

– Letrado: Héctor Pereiras Álvarez.

Demandada: Promociones MSP 2004, S.L., en situación de rebeldía procesual.

Demandada: Caixabank, S.A.

– Procurador: José Manuel González-Puelles Casal.

– Letrado: Jesús Riesco Milla.

Obxecto: resolución contractual por incumprimento e indemnización de danos e perdas. Reclamación de cantidade. Responsabilidade da Lei 57/1968.

Resolución.

Estimo integramente a acción exercida por Alberto Otero Ríos e Sabina Abeledo Méijome contra Promociones MSP 2004, S.L. e, parcialmente, a acción exercida contra Caixabank, S.A. e, en consecuencia:

1. Declaro resolto por incumprimento o contrato subscrito entre Alberto Otero Ríos e Sabina Abeledo Méijome, como compradores, e a entidade Promociones MSP 2004, S.L., como vendedora, o 3 de outubro de 2006 (documento nº 1 da demanda).

2. Condeno solidariamente a Promociones MSP 2004, S.L. e Caixabank, S.A. a aboar aos demandantes a suma de 17.000 euros, máis os xuros legais de acordo co indicado no fundamento de dereito quinto.

3. Condeno a entidade Promociones MSP 2004, S.L. ao pagamento das custas da acción exercida fronte a elas, e declaro de oficio as custas da acción exercida fronte á entidade Caixabank, S.A.

Notifíquese ás partes.

Esta sentenza non é firme e contra ela cabe recurso de apelación ante a Audiencia Provincial, que deberá interpoñerse ante este xulgado no prazo de vinte (20) días contados desde o seguinte ao da notificación daquela. Para a interposición do dito recurso deberase acreditar a consignación dun depósito de 50 euros na conta deste xulgado, baixo apercibimento de non admitir a trámite o recurso.

Así o acordo e asino, Gonzalo Sans Besada, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Lalín».

E ao estar o dito demandado, Promociones MSP 2004, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Lalín, 15 de abril de 2020

A letrada da Administración de xustiza