Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Luns, 24 de agosto de 2020 Páx. 33556

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Monterroso

ANUNCIO de notificación relativo á xestión da biomasa.

Ao non ser posible a práctica da comunicación a que se refire o número 2 do artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais, aos titulares das parcelas que se relacionan a seguir, por causas non imputables a esta Administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a comunicación de xestión da biomasa.

Expediente

Titular

Referencia catastral

Localización

305/2020

Ramón García Portomeñe

27032A045002360000PP

San Miguel de Penas

320/2020

Julia Montenegro Carballo

27032A068004350000PA

Cima da Namela

De conformidade co establecido no artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra incendios forestais, os titulares das parcelas detalladas dispoñen dun prazo máximo de quince (15) días naturais para proceder á xestión da biomasa e retirar as especies arbóreas prohibidas.

Monterroso, 6 de agosto de 2020

Rocío Seijas Vázquez
Alcaldesa